Guia docente 2020_21
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas e Literaturas Oficiais: Castelán e Galego
 Materias
  Didáctica da Lingua e Literatura Castelá na Educación Secundaria
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias
1 O obxectivo xeral é complementar a formación dos estudantes na dirección do cometido profesional ao que se encamiña. Deste xeito, deberán finalizar o curso cunha visión realista e actualizada do profesorado de Lingua castelá e literatura en secundaria e adquirir as destrezas que se especifican no apartado correspondente para poder empregalas nun futuro. 2 Entre os obxectivos máis específicos está o de suscitar interese pola profesión e ter consciencia da necesidade da reciclaxe continua, que requirirá investigar e estar informado constantemente das novidades que poidan xurdir. CG1
CG2
CG3
CG4
CG5
CG6
CG7
CG8
CG9
CG10
CG12
CG13
CG16
CG17
CE3
CE8
CE13
CE14
CE15
CE16
CE17
CE18
CE19
CE20
CE21
CE22
CE24
CE25
CE26
CE27
CE28
CE29
CE30
CE31
CT1
CT2
CT3
1. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe, potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como a orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro. 2. Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas. 3. Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas, tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade do estudantado. 4. Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudantado e promover a súa capacidade para aprender en por si, e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais. 5. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos. 6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo. 7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos. 8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas do estudantado. 9. Integrar a formación en comunicación audiovisual-multimedia no proceso de ensino/aprendizaxe. 10. Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo. 11. Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. 12. Xestionar de forma excelente o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións. 13. Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinares. CG1
CG2
CG3
CG4
CG5
CG6
CG7
CG8
CG9
CG10
CG12
CG13
CG16
CG17
CE3
CE8
CE13
CE14
CE15
CE16
CE17
CE18
CE19
CE20
CE21
CE22
CE23
CE24
CE25
CE26
CE27
CE28
CE29
CE30
CE31
CT1
CT2
CT3
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000