Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Avaliación de impacto ambiental
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliaranse os coñecementos adquiridos nas clases maxistrais mediante unha proba de respostas curtas que inclúen preguntas de razoamento crítico e a resolución de problemas e casos (3,5 puntos). Cualificación final numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003 de 5 de setembro, BOE 18 de setembro). 35 A2
B2
B6
C1
C12
Traballo Avaliarase a memoria escrita (4 puntos, 40%) . A memoria escrita (4 puntos, 40% da nota final) avaliarase en tres fases: primeiro borrador (0,5 puntos, 5%), segundo borrador (1 punto, 10%) e memoria final (2,5 puntos, 25%). 40 A4
B2
B6
C1
C7
C8
C9
C12
C14
C21
C23
D4
D5
Observación sistemática Terase en conta a asistencia e participación activa do alumnado nas clases teóricas, prácticas e seminarios. Tamén se terán en conta os exercicios propostos polo profesorado. Asistencia as prácticas é obrigatoria e o alumnado deberá asistir polo menos ao 90% das
prácticas e seminarios para que esta metodoloxía poida ser avaliada.
5 B2
C1
C7
C12
D5
Presentación Avaliarase a exposición oral da memoria escrita (2 puntos, 20%). A defensa oral da memoria escrita realizarase durante 10 minutos en presenza do resto do alumnado e do profesorado da materia. Posteriormente á exposición, haberá unha quenda de preguntas de 5 minutos. 20 A2
A4
B2
B6
C1
C8
C21
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aprobar a materia o alumno
deberá superar cada unha das partes de forma independente, e para iso 
deberá obter unha puntuación de
polo menos a metade do valor de cada unha delas. Se o alumno non supera 
algunha das partes, a nota final
divídese entre 2.
Para as
convocatorias de xullo conservarase o aprobado en cada unha das partes consideradas no sistema de avaliación
(teoría e traballo). Unha vez rematado o curso, no caso de fallar nas dúas convocatorias dispoñibles, a matrícula no novo curso
obriga a repetir todo.

Considerarase a cualificación de Non presentado cando o alumnado non se presente ao
exame teórico e/ou non participe nalgunha das fases do traballo (entrega de informes e/ou
exposición oral dos mesmos).

Asistencia as prácticas de
laboratorio e saídas de campo:

No caso de faltas inxustificadas a estas sesións, non
haberá dereito á recuperación destas metodoloxías na segunda oportunidade (convocatoria de xullo).

Datas de exames:

As datas oficiais dos exames actualizadas e aprobadas
pola Xunta de Facultade poden consultarse en http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames/

Considérase inadmisible calquera
forma de fraude (i.e. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel 
de coñecemento ou destreza
alcanzado por un/a alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou 
traballo deseñado con este propósito.
Esta conduta fraudulenta será sancionada coa firmeza e rigor que 
establece a normativa vixente e
poderá supor suspender a asignatura durante un curso completo. Levarase un 
rexistro interno destas actuacións
para que, no caso de reincidencia, se solicite no rectorado a apertura 
dun expediente disciplinario.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000