Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioloxía celular e fisioloxía integrativas: Implicacións na saúde
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Desenvolveranse 4 probas curtas (10 minutos) ao longo do cuatrimestre, que se farán no tempo de clase.
Dirixido a avaliar coñecementos teóricos impartidos nas sesions lectivas.
10 A2
B4
C6
C10
C16
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase na proba final. Permitirá avaliar coñecementos teóricos e xerais da materia.
Incluirá preguntas de desenvolvemento curto e casos prácticos.
40 A2
B3
C6
C16
D2
Traballo Dirixido a avaliar coñecementos relacionados coas sesións de seminario. Son traballos feitos en grupo (2-3 estudantes) e en parellas de grupos. Conlevarán o desenvolvemento dunha memoria curta, unha exposición e unha defensa do traballo diante da clase.

Na valoración teranse en conta tres aspectos:
1. Desempeño ao longo da realización do traballo (20%).
2. Presentación e defensa da proposta final (5%).
3. Capacidade de argumentar puntos fortes do proxecto propio e débiles do opoñente (5%).
30 A2
A3
B2
B4
C6
C10
C16
C17
D1
D2
D3
D4
Exame de preguntas obxectivas Diríxese a avaliación dos contidos prácticos. Levaránse a cabo na derradeira sesión de prácticas de Bioloxía celular (primera parte da proba, 7%) e de Fisioloxía (segunda parte da proba, 13%) 20 A3
B3
B4
C3
C6
C10
C16
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Notas mínimas e avaliación en segunda oportunidade

Para superar a materia os estudantes deberán realizar todas as actividades propostas e alcanzar unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 (5/10) en cada actividade avaliable (contidos teóricos, seminarios, prácticas de laboratorio). Non obstante, poderase compensar as distintas actividades si se alcanza unha nota mínima de 4/10 puntos en cada unha delas. No caso de non alcanzar a nota mínima no apartado de contidos teóricos (4/10), esa será a nota que figurará na cualificación final da materia  (non se terían en conta as notas de prácticas e seminarios).

A xustificación de non asistencia ás sesións de prácticas e seminarios
non eximirá da sua realización noutro grupo, sempre que o calendario o
permita.


Segunda oportunidade

As actividades superadas na primeira oportunidade do curso conservaranse para a segunda oportunidade. No caso das prácticas e seminarios, a súa recuperación en segunda oportunidade conlevará a realización dunha proba de avaliación alternativa.

Os/as alumnos/as que repitan a materia nun seguinte curso conservarán as cualificacións obtidas nas actividades superadas no curso previo, debendo repetir as non superadas. Opcionalmente poden refacer ditas actividades aínda que as superasen, neste caso participando nun novo proceso de avaliación.

Avaliación global

Os estudantes poderán solicitar unha avaliación global, o que conlevará a renuncia á avaliación continua. A avaliación global permitirá obter o 100% da puntuación da materia mediante unha proba na o data oficial fixada para o exame final da materia, tanto na primeira oportunidade coma na segunda.

A proba poderá incluirá: - Preguntas de desenvolvemento obxectivo; - Preguntas de desenvolvemento; - Casos prácticos etc.

A avaliación global non exime da realización dás prácticas e seminarios da materia. No caso de non realización das devanditas actividades, a nota final na materia será de 0 puntos.

Calendarios académicos e de exames

O calendario académico pódese consultar en: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/horarios

O calendario de exames pódese consultar en: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes

Aspectos éticos

Perseguirase o plaxio nos traballos e o uso non xustificado de programas de intelixencia artificial. Copiar doutros estudantes durante as probas de avaliación tamén pode ser motivo de redución da nota e de obter un suspenso na materia.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000