Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioloxía celular e fisioloxía integrativas: Implicacións na saúde
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Expoñense os principais conceptos relacionados cos contidos, apoiados con imaxes e vídeos. Promoverase a participación e discutiranse en clase os temas e conceptos tratados, no posible. A asistencia á clase é obrigatoria.
Seminario Dividirase aos alumnos en grupos e estes á súa vez en parellas de grupos. A cada parella asignaráselles un problema experimental que terán que resolver de maneira independente ao longo do curso. Teranse reunións periódicas que coincidirán coas datas dos seminarios no calendario para comprobar o progreso de cada grupo. Ao final do curso cada parella expoñerá e defenderá a súa proposta, é a continuación se debaterán os puntos débiles e fortes de cada unha. A asistencia aos seminarios é obrigatoria.
Prácticas de laboratorio En sesións de laboratorio analizaranse mostras e levarán a cabo experimentos relacionados coa homeostasis celular e sistémica, así como a monitorización de parámetros indicativos do estado funcional.
A asistencia ás prácticas é obrigatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000