Educational guide 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Microbioloxía e parasitoloxía sanitarias
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Avaliaranse a redacción, presentación e defensa final dos casos resoltos. 20 A4
B1
B2
B6
C3
C11
C15
C17
D4
Prácticas de laboratorio Avaliaranse a actitude e as capacidades e destrezas adquiridas polos alumnos durante as prácticas, así como a capacidade para redactar informes e/o dar respostas adecuadas e ben argumentadas a cuestionarios expostos en relación coas actividades realizadas durante estas sesión 30 A4
B1
B2
B6
C3
C11
C15
D3
D4
Exame de preguntas obxectivas Mediante esta proba avaliaranse coñecementos e habilidades adquiridos polos alumnos ao longo das sesións teóricas e prácticas da materia. 30 A4
B6
C3
C11
C15
Resolución de problemas e/ou exercicios Nesta proba avaliarase a capacidade do alumnado para resolver, de forma argumentada, unha serie de casos/situacións de tipo práctico relacionadas ca diagnose e control de certas enfermidades infecciosas. 20 A4
B6
C3
C11
C15
C17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. A asistencia e
participación en todas as actividades programadas dentro das Sesións Prácticas
e do Estudo de casos prácticos é obrigatoria, de tal maneira que a ausencia ou
non realización inxustificada destas actividades impedirá superar a materia. Polo tanto, o alumnado que desee acollerse a modalidade de avaliación global, deberá realizar tamén obligatoriamente estas dúas actividades.

2. Para aprobar a
materia será necesario alcanzar unha cualificación global final de 5,0 (sobre
10), unha vez sumadas as cualificacións ponderadas obtidas nas de Prácticas
(30%), Estudo de casos (20%), Exame de preguntas obxectivas (30%) e Resolución de problemas e/ou exercicios (20%). Con todo, para
poder superar a materia, e poder sumar as cualificacións obtidas nas
actividades de Prácticas e Estudo de casos, deberá alcanzarse unha nota mínima
de 4,0 (sobre 10) tanto no exame
de preguntas obxectivas como na resolución de problemas e/o exercicios. Os alumnos
que non cumpran este requisito na primeira oportunidade serán cualificados en
actas con 4,9 (Suspenso), e deberán repetir na segunda oportunidade (xullo) a
proba relativa á parte ou partes nas que non alcanzasen o 4,0. Os alumnos que
se atopen nesta situación conservarán a nota da/s parte/s superada/s (≥4,0) en primeira oportunidade e das Prácticas e
Estudo de casos, para telas en conta na nota final. Na segunda oportunidade,
será tamén imprescindible alcanzar o 4,0 en todas as partes obxecto de
recuperación. As datas da proba final escrita pódense consultar na seguinte
ligazón: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000