Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioinformática
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Explicaranse e desenvolveranse conceptos e metodoloxías básicas da materia.
Resolución de problemas Desenvolveranse sesións prácticas de carácter computacional nas que o estudante porá en uso os conceptos e metodoloxías desenvolvidas teoricamente.

O estudante debe utilizar o seu propio portátil. Estas sesións prácticas incluirán a manipulación e transferencia de ficheiros en Unix, uso de servidores remotos, programación bioinformática, control da calidade dos datos, mapeamento de lecturas, identificación e anotación de variantes xenómicas, cuantificación da expresión xénica, representación de datos en R, análise xenómica e metaxenómica.

Ademáis, o alumnado resolverá problemas fóra da aula a través da plataforma Moovi para potenciar os conceptos e metodoloxías da materia.
Foros de discusión Espérase que todos os estudantes participen activamente no foro de debate da materia na plataforma moovi, plantexando as súas dúbidas e respondendo ás preguntas e comentarios do profesor e doutros estudantes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000