Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Técnicas en bioloxía celular e molecular
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avalíase o grao de interese e participación do estudante, a puntualidade e saber ser, ademais da asimilación do traballo desenvolvido durante as prácticas. 20 A1
A2
A3
B2
B4
C2
C4
C5
C6
C10
C11
D4
Resolución de problemas de forma autónoma Avalíanse os coñecementos adquiridos nas sesións prácticas, así como a corrección na forma de expresarse na lingua empregada, inglés, galego ou castelán (en particular, a construción gramatical, ortografía e coherencia do texto). 10 A1
A2
A3
B2
C2
C5
C6
C10
C11
D4
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Avalíanse os coñecementos adquiridos nas sesións prácticas, así como a corrección na forma de expresarse na lingua empregada, inglés, galego ou castelán (en particular, a construción gramatical, ortografía e coherencia do texto). 20 A1
A2
A3
B2
B4
C2
C4
C5
C6
C10
C11
D4
Exame de preguntas obxectivas Avalíanse os coñecementos adquiridos nas prácticas e as actividades complementarias dos módulos de bioloxía celular e de bioquímica 25 A1
A2
A3
Exame de preguntas obxectivas Avalíanse os coñecementos adquiridos nas prácticas e as actividades complementarias dos módulos de inmunoloxía e de xenética 25 A1
A2
A3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
TBCM é unha asignatura con prácticas obrigatorias.
A ausencia sen xustificación a unha ou máis sesións de laboratorio é incompatible coa superación desta asignatura.
TBCM é unha materia que se cursa en catro módulos de laboratorio consecutivos (Bioloxía Celular, Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía), e a súa avaliación é continua e divídese en dúas partes.
Parte A. O 50% da cualificación final constitúeo a suma das cualificacións obtidas en cada un dos módulos, que poden proceder de distintas actividades, como a entrega de resultados, cadernos, cuestionarios resoltos ou outras, en tempo e forma. Debe obterse un mínimo de tres puntos sobre 10 en cada módulo. Circunstancias como a falta de puntualidade, ou unha actitude desmotivada ou negligente nos laboratorios poden restar valor ás puntuacións finais.
Parte B. O 50% restante da cualificación final provén da realización de 2 probas escritas, nas que se plantexan preguntas relacionadas cos contidos dos catro módulos realizados. De novo, debe obterse un mínimo de tres puntos sobre 10 na parte correspondente a cada módulo.
A ausencia xustificada a dúas ou máis prácticas de laboratorio impide a avaliación continua. Nese caso, os alumnos terían que someterse a un exame para superar a materia, en forma de proba escrita que constaría de dúas partes:
Parte teórica (50% da cualificación final). 4 exames con preguntas sobre os contidos de cada un dos catro módulos que compoñen a materia, debendo obterse un mínimo de tres puntos sobre 10 en cada módulo para superala.
Parte práctica (50% da cualificación final). Resolución dun suposto práctico de cada un dos catro módulos que compoñen a materia, debendo igualmente obterse un mínimo de tres puntos sobre 10 en cada módulo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000