Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Microbioloxía II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Realizarase un exame escrito ao final das prácticas, sobre o fundamento e protocolos das prácticas realizadas, este exame poderá ser de varias modalidades: tipo test, preguntas curtas, exame de relacionar ou ben un exame que inclúa varias destas modalidades Para a cualificación global de prácticas teranse en conta as cualificacións obtidas no exame (80% da cualificación global de prácticas), informe de prácticas (15% da cualificación global de prácticas), así como a valoración das habilidades e destrezas adquiridas no laboratorio (5% da valoración global de prácticas). No exame e informe de prácticas avaliaranse o dominio do vocabulario, capacidade de expresión e síntese. A asistencia a todas as sesións de prácticas é obrigatoria para superar a materia, admitíndose un máximo de dúas ausencias debidamente xustificadas, condición que se manterá tanto na modalidade de avaliación global como no exame de segunda oportunidade (xullo). 25 A2
A3
A4
B1
B6
C4
C10
C11
D4
Seminario No seminario de aprendizaxe colaborativa realizarase un exame teórico que poderá ser tipo test ou preguntas curtas sobre os contidos tratados. Avaliaranse o dominio do vocabulario, capacidade de expresión e síntese. Este exame supoñerá o 80% da cualificación global de seminarios. No seminario de taxonomía bacteriana valorarase a asistencia ao seminario que supoñerá un 20% da cualificación global de seminarios. Só en casos xustificados de ausencia aos seminarios, poderá realizarse alternativamente un traballo relacionado co seu contido Os alumnos que opten pola modalidade de avaliación global deberán realizar esta actividade nas mesmas condicións que na avaliación continua. No exame de segunda oportunidade (xullo) non se realizará recuperación de seminarios, e manterase a cualificación obtida na avaliación continua ou global. 5 A2
A3
A4
B1
B6
D4
Exame de preguntas obxectivas Na primeira proba parcial, avaliaranse os contidos de aproximadamente a metade do impartido nas leccións maxistrais que se corresponde coa primeira parte do programa. O exame poderá ser de varias modalidades: tipo test, preguntas curtas, exame de relacionar ou ben un exame que inclúa varias destas modalidades. Avaliarase tamén o dominio do vocabulario, capacidade de expresión e síntese. 35 A2
A3
A4
B6
C2
C4
C10
C11
Exame de preguntas obxectivas Na segunda proba parcial, avaliaranse os contidos de aproximadamente a metade do impartido nas leccións maxistrais que se corresponde coa segunda parte do programa. O exame poderá ser de varias modalidades: tipo test, preguntas curtas, exame de relacionar ou ben un exame que inclúa varias destas modalidades. Avaliarase tamén o dominio do vocabulario, capacidade de expresión e síntese. 35 A2
A3
A4
B6
C2
C4
C10
C11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1) Os coñecementos, habilidades e destrezas adquiridos nesta materia serán valorados sobre un total de 10 puntos. 

2) Avaliación de alumnos que opten por avaliación continua: 

- Na avaliación sobre o contido das leccións maxistrais, deberá obterse en cada exame unha cualificación mínima de 4 para poder facer a media, en caso contrario a materia considerarase suspensa. 

- Para superar a materia debe obterse un mínimo de 5 puntos na cualificación final. A cualificación final será o sumatorio das distintas actividades que deberán estar superadas (contido das leccións maxistrais e prácticas de laboratorio) para poder facer a media. Deberá obterse un mínimo de 4,5 sobre 10 nas cualificacións globais correspondentes tanto ás leccións maxistrais como ás de prácticas de laboratorio, en caso contrario a cualificación será a media obtida de todas as actividades ata un máximo de 4,9. 

- A data do exame correspondente ao
segundo parcial terá lugar na data establecida para a proba final escrita.

- Os alumnos que suspendan algún
dos parciais poderán recuperalos na data establecida para o exame de segunda
oportunidade.

3) Avaliación de alumnos que opten por avaliación global: 

- Os alumnos que opten por unha avaliación global deberán comunicalo ao profesor antes antes da data límite que fixe o
Decanato.

- Para aprobar a materia deberán realizar as prácticas de laboratorio nas mesmas condicións que os que optan por unha avaliación continua. 

- Deberán presentarse aos seminarios e a súa avaliación será nos mesmos termos que en caso de avaliación continua. 

- Deberán realizar un exame final coincidente coa data do 2º parcial no que se examinarán dos contidos de ambos os parciais.

4) Para que un estudante figure na acta como “Non Presentado” será preciso que non realizase as prácticas de laboratorio ou que non se presentou aos exames correspondentes ás leccións maxistrais e/o prácticas de laboratorio.

5) No exame de segunda oportunidade (xullo), os alumnos poderán recuperar a actividades suspensas correspondentes ás leccións maxistrais e exame de prácticas, manténdose as mesmas condicións para superar estas probas que na avaliación continua. Non serán novamente avaliadas na convocatoria de segunda oportunidade os seminarios, os informes de prácticas de laboratorio nin as habilidades e destrezas adquiridas en laboratorio, manténdose nestes casos a cualificación obtida na avaliación continua. Estas condicións serán esixibles tamén a aqueles alumnos que optasen pola avaliación global.

As datas da proba final escrita pódense consultar na seguinte ligazón: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000