Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Fisioloxía vexetal II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Asistencia e realización das prácticas de laboratorio obrigatorias. A avaliación das prácticas levará a cabo mediante un exame ao final das mesmas. A ausencia inxustificada ás prácticas e a falta de entrega do exame levará o suspenso na materia. 25 A3
B4
C1
C4
C9
C10
D4
Seminario Seminarios. Asistencia e seguimento obrigatorios. Os contidos do traballo serán avaliados polo profesorado responsable de cada grupo. Existirá posibilidade de autoavaliación, completando unha parte da cualificación. A ausencia inxustificada aos seminarios e a falta do traballo levarán o suspenso na materia. 15 A3
A5
B2
D3
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Primeiro parcial, exame obrigatorio de 1 hora de duración. Avaliaranse os conceptos teóricos e as relacións entre os mesmos explicados nas sesións maxistrais impartidas até a data de realización da proba. Esta proba poderá incluír supostos prácticos baseados nos contidos teóricos explicados. A falta de entrega do exame levará o suspenso na materia.

O calendario de exames pódese consultar no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/é/docencia/examenes. As aulas onde se realizarán os exames serán fixadas polo decanato da facultade no seu momento.
30 B2
B3
C1
C6
C9
C10
D5
Exame de preguntas obxectivas Segundo parcial, exame obrigatorio de 1 hora de duración. Avaliaranse os conceptos teóricos e as relacións entre os mesmos explicados nas sesións maxistrais impartidas desde a data de realización do primeiro parcial. Esta proba poderá incluír supostos prácticos baseados nos contidos teóricos explicados. A falta de entrega do exame levará o suspenso na materia. Nesta segunda proba, o alumnado que non supere o primeiro parcial poderá repetir dita proba nunha hora de tempo adicional.

O calendario de exames pódese consultar no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/é/docencia/examenes. As aulas onde se realizarán os exames serán fixadas polo decanato da facultade no seu momento.
30 B2
B3
C1
C6
C9
C10
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Os horarios das actividades docentes da materia están accesibles na web da Facultade no seguinte enlace:

http://bioloxia.uvigo.es/e/docencia/horarios

Para superar a materia (cualificación global de 5 puntos sobre 10) mediante o itinerario de avaliación continua, as cualificacións mínimas nos exámenes de preguntas obxectivas, nos seminarios e nas prácticas de laboratorio terán que ser de 4 sobre 10 en todas e cada unha delas. Dada a obrigatoriedade de asistencia a prácticas e seminarios, indícase ao alumnado que a ausencia ás sesións destas actividades soamente pode ser xustificada por causa de forza maior, debidamente xustificada cun documento válido orixinal. A xustificación de calquera ausencia debe obrar en poder do profesorado como máximo 15 días despois do día de ausencia.

Existe un segundo itinerario coa posibilidade de superar a materia de forma global nunha proba final única escrita. A solicitude para acollerse a este segundo itinerario estará xestionada ao comezo do cuadrimestre polo Decanato da Facultade de Bioloxía.

No exame da segunda oportunidade o alumnado poderá mellorar as cualificacións dos distintos aspectos avaliados no caso de non alcanzar a nota mínima de 4. Si estivesen aprobadas, as cualificacións de prácticas e seminarios manteranse na segunda oportunidade no caso de ter que repetir únicamente as probas de preguntas obxectivas.

Advírtese que ao exame de segunda oportunidade soamente poderá presentarse aquel alumnado cuxa cualificación nas actas oficiais sexa de suspenso ou non presentado, dado que os aprobados xa non aparecerán nas actas da segunda oportunidade.

O alumnado repetidor poderá conservar as cualificacións das prácticas de laboratorio e das titorías en grupo (seminarios) do ano anterior soamente, sempre que as aprobou. O alumnado repetidor que realice as prácticas e seminarios fai mais tempo deberá realizalas novamente para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000