Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Fisioloxía animal II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame parcial 1 (25% da nota): capítulos I e II

Exame formado por:
Preguntas obxectivas
Preguntas de desenvolvemento

Para superar o exame se deberá obter unha nota mínima de 5. Se
esixe un mímino de 4 para superar a materia

Test de autoavaliación. Os/as alumnos/as disporán de varios test na plataforma de teledocencia co fin de facilitarlles a autoavaliación do coñecemento e a realización do exame final. A súa realización por parte dos/as alumnos/as será totalmente voluntaria. Disporase de 2 test en relación cos contidos seguintes:
Test 1. Capítulo I (Circulación)
Test 2. Capítulo II (Respiración).
Os test de autoavaliación NON PUNTUAN na avaliación da materia.
25 A2
A3
B2
C6
C9
C10
D1
D2
D3
D4
Lección maxistral Exame parcial 2 (35% da nota): capítulos III, IV e V

Exame formado por:
Preguntas obxectivas
Preguntas de desenvolvemento

Para superar o exame se deberá obter unha nota mínima de 5. Se
esixe un mímino de 4 para superar a materia

Test de autoavaliación. Os/as alumnos/as disporán de varios test na plataforma de teledocencia co fin de facilitarlles a autoavaliación do coñecemento e a realización do exame final. A súa realización por parte dos/as alumnos/as será totalmente voluntaria. Disporase de 3 test en relación cos contidos seguintes:
Test 1. Capítulo III (excreción-osmoregulación).
Test 2. Capítulo IV (dixestivo)
Test 3. Capítulo V (reprodución).
Os test de autoavaliación NON PUNTUAN na avaliación da materia.
35 A2
A3
B2
C6
C9
C10
D1
D2
D3
D4
Seminario Os temas elaborados enviaranse ao profesor responsable antes da última reunión da tutoría de grupo. Na mesma farase unha exposición de 10 minutos na que se avaliará: -Calidade da memoria escrita presentada (organización, redacción,
adecuación da bibliografía, enfoque e profundidad axustados ó tema)
-Calidade da presentación oral (adecuación ó tempo, calidade da
información presentada nas figuras, expresión oral, capacidade de
transmisión de información, dominino do linguaxe técnico)
-Respostas ás preguntas expostas
30 A2
A3
B3
B4
C6
C9
C10
D1
D2
D3
D4
Prácticas de laboratorio A asistencia a prácticas é obligatoria. Ao finalizar as mesmas se entregará un informe de prácticas por parte de cada uno dos subgrupos que se
organizarán en cada grupo de prácticas
10 A2
A3
B3
B4
C3
C6
C9
C10
D1
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1) Avaliación continua

Para superar a materia o
alumnado deberá realizar todas as actividades avaliables previstas.

Prácticas e seminarios: A
asistencia ás prácticas e seminarios programados é obrigatoria e necesaria para
superar a materia. Para superar estas actividades deberase acadar unha
puntuación mínima de 5/10 puntos en cada unha delas. A xustificación da non asistencia
ás prácticas e seminarios non eximirá da súa realización noutro grupo, sempre
que o calendario o permita.

Exame de teoría. Para
superar esta parte será necesario obter un 5 en cada unha das dúas probas
programadas. Non obstante, poderase superar a materia se se acada unha nota
mínima de 4 en cada unha das probas teóricas, compensando cas notas de prácticas
e do seminario ata acadar 5 puntos. No caso de non acadar a nota mínima (4) nas
probas teóricas, a nota final da materia corresponderá a esa cualificación (non
se terá en conta a nota de prácticas e seminarios).

Segunda oportunidade e
seguintes cursos.
As actividades superadas na
primeira oportunidade gardaranse para a segunda oportunidade. Non se poderán
recuperar as prácticas nin os seminarios, polo que as cualificacións destas
partes serán as obtidas durante o período da súa realización no curso.

Alumnas/os
repetidores
, só se avaliarán as actividades (prácticas, seminarios) non
superadas nos cursos anteriores, conservando as notas obtidas nas devanditas
actividades.

2) Avaliación global

O alumnado poderá solicitar
a avaliación global que se realizará nas datas oficiais de primeira e segunda
oportunidade. Esta avaliación permitirá acadar o 100% da nota da materia e
divídese en tres partes:

- Nota de prácticas
realizadas no período establecido no calendario. 10 %

- Nota dos seminarios
realizados no período establecido no calendario. 30 %

- Nota do exame global de
teoría, que se realizará nas datas fixadas no calendario académico para os
exames oficiais da materia. 60 %

O calendario académico pódese consultar no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios

O calendario de exames pódese consultar no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exam

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000