Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Ecoloxía II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Valoración da presencialidade, participación e preparación das respostas ás preguntas do profesor. 7 A3
B2
C8
D5
Debate Preparación, asistencia e participacion no debate 5 A2
A3
A4
B2
B4
B6
C9
D5
Prácticas de laboratorio Valoración do manexo do material de laboratorio e dos métodos empregados durante as prácticas así como da capacidade para o traballo en grupo.
1 A3
B2
C7
D3
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Presentación oral ou escrita, defensa e discusión dos resultados obtidos en prácticas. Valorarase a calidade e profundidade do traballo de análise de datos, a redación, a calidade gráfica e expositiva, e a participación nas discusións. Fomentasese o uso de ferramentas matemáticas e informáticas na realización de practicas. 24 A2
A3
B2
B4
B6
C7
C8
C10
D3
D5
Exame de preguntas obxectivas Esta primeira parte, que se fará por escrito no mes de marzo, constará dunha serie de preguntas obxectivas relacionadas coa primeira parte dos contidos (Temas 1-7) impartidos durante as clases maxistrais. 30 A2
B2
B6
C9
C10
D5
Exame de preguntas obxectivas Esta segunda parte, que se realizará por escrito ao final do cuadrimestre en xuño, constará dunha serie de preguntas obxectivas relacionadas coa segundo parte dos contidos (Temas 8-13) impartidos durante as clases maxistrais. 33 A2
B2
B6
C9
C10
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que opte pola avaliación continua deberá realizar dúas probas parciais escritas, a primeira en marzo (30% da nota final) e a segunda en maio (33% da nota final). En caso de suspender o primeiro parcial, deberás acudir ao exame final de maio cos dous parciais. A dita proba incluirá dous exames, un de cada parte. O exame de xullo (2a oportunidade) estará relacionado coa materia teórica non superada na 1a oportunidade. (primeiro, segundo ou os dous conxuntos).

As prácticas (incluída a presentación da memoria), así como as actividades relacionadas co Seminario e Debate, deberán realizarse obrigatoriamente, independentemente da modalidade de avaliación elixida.

O alumnado que opte pola modalidade de avaliación global, e que teña asistido e realizado as Prácticas, o Seminario e o Debate, deberá realizar unha proba final no mes de maio que incluirá cuestións relacionadas cos contidos teóricos avaliados nos dous parciais integrados. avaliación continua.

En todos os exames (primeiro parcial, segundo parcial e exame de xullo) seguirase o mesmo criterio: deberá superarse en todos eles unha nota de 4,5 para que se poida sumar a nota dos demais apartados avaliables da materia (seminarios), informe prácticas, debate...).

No caso de suspender a materia na segunda oportunidade, as notas prácticas e do seminario gardaranse para o seguinte curso académico 2024/25.
Un alumno aparecerá como "non presentado" cando non se presente aos exames escritos de 1a e/ou 2a oportunidade.

O calendario definitivo de exames pódese consultar na seguinte ligazón: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000