Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Inmunoloxía e parasitoloxía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminario Impartiranse seminarios da parte de Inmunoloxía e da parte de Parasitoloxía.

O obxectivo principal desta actividade é que os alumnos adquiran formación sobre determinados aspectos relevantes e aplicados da Inmunoloxía e da Parasitoloxía
Prácticas de laboratorio Para facer as prácticas de laboratorio, os alumnos distribuiranse en grupos.

Cada grupo terá un número reducido de alumnos.

É obrigatoria a asistencia a todas as clases prácticas.

La falta de asistencia sen xustificación fará que las prácticas se suspendan, e por tanto la materia.

As sesións de prácticas estarán dirixidas á aprendizaxe dunha serie de técnicas de inmunoquimica e identificación morfolóxica e diagnóstico de parásitos e tamén a resolución de problemas de ecoparasitoloxía.
Lección maxistral Impartiranse clases teóricas da materia de Parasitoloxía (14 horas). Clases nas que o alumno aprenderá os conceptos básicos da Parasitoloxía e tamén, a súa importancia nas Ciencias da Natureza, Bioloxía e Ciencias da Saúde.



Lección maxistral Impartiranse clases teóricas da materia de Inmunoloxía (18 horas). Clases nas que o alumno aprenderá os conceptos básicos da Inmunoloxía e tamén, a súa importancia nas Ciencias da Natureza, Bioloxía e Ciencias da Saúde
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000