Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Fisioloxía animal I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio PRÁCTICAS
A asistencia a todas as prácticas é obrigatoria para superar a materia. A ausencia xustificada documentalmente en base ás normativas vixentes permitirá realizar a práctica noutro grupo si isto é posible.

Puntuarase unha pequena memoria de prácticas, que conterá os aspectos máis relevantes aprendidos e as principais conclusións obtidas. Esta memoria será individual.

Este apartado constitúe o 10% da avaliación final, avaliarase en base a 1 punto para sumalo aos outros dous apartados.
10 A2
A3
B2
B3
B6
C1
C13
D1
D2
D3
Seminario SEMINARIOS
A asistencia a todos os seminarios é obrigatoria para superar a materia. A ausencia xustificada documentalmente, en base ás normativas vixentes, permitirá realizar o seminario noutro grupo si isto é posible.

Os contidos desenrrolados nos seminarios serán avaliables, de xeito análogo a materia desenvolvida nas leccións maxistrais.

Este apartado constitúe o 10% da avaliación final, avaliarase en base a 1 punto para sumalo aos outros dous apartados.
10 A3
B2
B3
B6
Exame de preguntas obxectivas PROBA 1
A materia está dividida en dúas metades, a primeira parte inclúe principalmente contidos de Neurofisiología e será avaliada cunha proba tipo test.

A proba 1 suporá o 40% da nota total de modo que se puntuará cun máximo de 4 puntos sobre 10.
40 A2
B2
C6
D3
Exame de preguntas obxectivas PROBA 2
A materia está dividida en dúas metades, a segunda parte inclúe principalmente contidos de Endocrinoloxía e será avaliada cunha proba tipo test.

A proba 2 suporá o 40% da nota total de modo que se puntuará cun máximo de 4 puntos sobre 10.
40 A2
B2
C6
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As notas dos exámenes, prácticas e seminarios se mantendránn dentro do mesmo curso. En caso
de non superar a materia en devandito curso, ao seguinte se *considerará como
un alumno novo.

PROBAS 1 e 2

A aqueles alumnos que superen as dúas probas (2 puntos ou máis en cada unha) se lle sumara á nota de prácticas e a nota dos seminarios para obter a nota final. Si a suma é igual ou maior que 5, superouse a materia. 

Para superar a materia han de superarse as dúas probas. Si non é así a súa nota será a que obteña na proba suspensa e non se lle sumará a nota da outra proba nin a de prácticas, nin a de seminarios.

FINAIS 1 e 2

Si o alumno non superou algunha das probas, pode recuperar aquela ou aquelas probas que suspenda presentándose ao exame final oficial 1 (primeira oportunidade). 

Si segue tendo algunha proba suspensa pode presentarse ao exame final 2 (segunda oportunidade) para recuperala.

As prácticas e os seminarios son obrigatorios para superar a materia. Si o alumno non realiza algunha destas actividades, a súa nota pasará a ser de "Non Presentado" independentemente da nota que poida obter nas probas 1 e 2.

Para aprobar a materia sera necesario obter un mínimo de 5 puntos, sobre un máximo de 10, ao sumar catro valores: Proba 1 (4) + Proba 2 (4) + Prácticas (1) + Seminarios (1).

EVALUACIÓN GLOBAL

Si algán alumno elije a evaluación global pode examinarse conxuntamente das probas 1 e 2 nas dúas oportunidades oficiais (Finais 1 e 2) e debe ter en conta que a realizaciónn das prácticas e dos seminarios segue sendo obrigatorio. 

As datas de todas as probas e exámenes finais poden consultarse nos seguintes enlaces:

http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios

http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exam

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000