Educational guide 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Xenética I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral As sesións maxistrais da programación docente están organizadas en leccións, cada unha de 50 minutos de duración. Na maioría dos casos dedicaranse a explicar e desenvolver os contidos da materia (conceptos e metodoloxías), pero debido á limitación de tempo deberán ser completadas, con anterioridade e posterioridade, con traballo autónomo do alumno mediante libros de texto, lecturas complementarias, animacións de computador e consulta de páxinas web de referencia.
Resolución de problemas Teñen como misión básica integrar e aplicar os coñecementos adquiridos nas clases teóricas. Estas sesións realizaranse durante as sesións presenciais na aula. Os enunciados dos problemas están en Moovi e deben ser resoltos polos estudantes. Os alumnos participarán durante as clases, de forma activa, na resolución de problemas.
Prácticas de laboratorio A misión das clases de laboratorio é a de presentar ao alumno o carácter experimental da materia. É necesario levar o guión de prácticas ás clases e lelo con anterioridade ao desenvolvemento das mesmas. Os contidos das prácticas están integrados cos contidos das clases maxistrais tanto teóricas como de resolución de problemas, polo que o seu contido tamén forma parte dos coñecementos necesarios para superar a materia. Haberá 5 sesións prácticas de 3 horas cada unha.
Prácticas con apoio das TIC Unha das competencias que o estudante universitario debe alcanzar ao longo da súa formación é a capacidade de traballar de xeito autónomo. É necesario proporcionar actividades sen contacto que o guíen nesta aprendizaxe. Para que a aprendizaxe se realice segundo o progreso do curso, empregarase a plataforma teledocencia Moovi. Os alumnos realizarán probas de autoavaliación e resolverán problemas prácticos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000