Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Citoloxía e histoloxía animal e vexetal II
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Ademais dos consellos e aclaracións que se realizan durante as clases de teoría, os alumnos serán atendidos individualmente nas horas de titoría. A atención ao alumno pódese facer por vía telemática (correo electrónico, videoconferencia, foros Moovi, etc.) baixo a modalidade de acordo previo.
Prácticas de laboratorio Analizaranse preparacións histolóxicas relacionadas cos temas tratados na parte teórica. Os estudos histolóxicos realizaranse sobre os diferentes órganos onde se analizan os distintos tecidos. Os alumnos poderán preguntar ao profesor e ademais poden apoiar a súa análise nun guión que se lle manda antes de cada práctica. O guión ademais presenta unha serie de exercicios que os alumnos terán que encher durante a práctica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000