Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Botánica II: Arquegoniadas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de campo Para a avaliación do herbario virtual de polo menos 30 pliegos de árbores e arbustos autóctonos e ornamentais, terase en conta a orixinalidade das fotografías, a precisión da identificación e a idoneidade dos caracteres taxonómicos destacados no texto, a precisión dos datos de localización, así como a orde e coidado da súa presentación. Pódese facer individualmente ou por parellas.
A elaboración do herbario fotográfico é unha actividade obrigatoria para os alumnos que opten pola modalidade de avaliación continua.

15 A1
B1
B2
C1
C2
C7
C9
D3
D5
Seminario Será valorada a asistencia á totalidade das sesións de seminario (únicamente descontaranse as faltas debidamente xustificadas). O grao de atención e aproveitamento por parte do alumno será avaliado mediante un cuestionario. 15 A1
A5
C2
C7
C9
D5
Práctica de laboratorio O examen práctico consistirá nunha proba de descrición e identificación dun exemplar utilizando as claves. É preceptivo superalo cunha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Esta proba é obrigatoria para todos os alumnos, aínda que no caso dos alumnos que opten pola modalidade de avaliación global supoñerá o 20 % da cualificación final, mentres que no caso da avaliación continua a porcentaxe sobre a cualificación final será do 15 %.
15 A1
A5
B1
B2
C1
C2
C7
C9
D5
Exame de preguntas obxectivas O primeiro exame parcial versará sobre as cinco primeiras leccións do programa teórico. A cualificación obtida deberá ser igual ou superior a 4,5 sobre 10 puntos para superar a materia.
20 A1
A5
B1
C1
C2
D5
Exame de preguntas obxectivas O segundo exame parcial versará sobre os contidos das leccións 6 a 12, ambalas dúas incluidas. A cualificación obtida deberá ser igual ou superior a 4,5 puntos sobre 10 para superar a materia.
20 A1
A5
B1
C1
C2
D5
Exame de preguntas obxectivas O terceiro exame parcial versará sobre as tres derradeiras leccións do programa teórico, e para superar a materia a nota obtida deberá ser igual ou superior a 4,5 puntos sobre 10.
15 A1
A5
B1
C1
C2
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os horarios da materia figuran na páxina web da facultade:

§  GL: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios

§  ES: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/horarios

 As datas de exame establecidas no calendario oficial pódense consultar nas seguintes ligazóns:

§  GL: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

§  ES: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes

O método de avaliación establecido por defecto é a modalidade de avaliación continua; se algún alumno desexa acollerse á modalidade de avaliación global deberá indicalo mediante un documento asinado antes de que finalice o prazo sinalado polo decanato da facultade.

Os requisitos no caso da modalidade de avaliación continua son os seguintes:

- A asistencia ás clases prácticas de laboratorioo é obrigatoria (salvo falta debidamente xustificada); os alumnos que non cumpran este requisito figurarán en actas como "non presentado".

- Para superar a parte teórica da materia, a nota mínima obtida nos exames parciais deberá ser igual ou superior a 4,5 puntos sobre 10 e a nota media ponderada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. A parte teórica na modalidade de avaliación continua supón o 55 % da cualificación final da materia.

- O exame práctico de laboratorio representa o 15 % da cualificación global da materia. Consistirá na descrición dun espécime, incuíndo a elaboración do diagrama e a fórmula floral, que deberá ser correctamente identificado coa axuda de claves. A superación desta proba cunha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10 é imprescindible para superar a materia.

- A elaboración do herbario virtual de forma individual ou por parellas, cun número mínimo de 30 pregos debidamente etiquetados e ordenados, supón o 15 % da cualificación global.

- Para avaliar o grao de aproveitamento dos seminarios (15 % da cualificación global), os alumnos deberá realizar os exercicios que lles formularán e entregalos antes de que termine o prazo establecido.

- A cualificación final é o resultado da suma das porcentaxes asignadas aos distintos apartados avaliados. Para poder superar a materia en primeira convocatoria é necesario obter nas probas teóricas unha nota media igual ou superior a 5 puntos sobre 10 e no exame práctico unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10. No caso de non conseguir estas puntuacións mínimas non se sumarán os outros apartados, e a nota final que figurará nas actas será a cualificación máis baixa das obtidas nos apartados suspensos (media exames teóricos ou exame práctico).

- Na segunda convocatoria manteranse as notas anteriores e será posible recuperar o exame práctico (15 % da cualificación final); tamén se poderá facer un exame final sobre todos os contidos teóricos da materia, que supoñerá o 55 % da cualificación final.

Na modalidade de avaliación global será requisito indispensable obter unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 no examen teórico e no exame práctico da materia, que supoñerán o 80 % e o 20 % da cualificación final, respectivamente. Seguirase o mesmo criterio na segunda convocatoria.

A repetición da materia en cursos posteriores implica repetir a totalidade das actividades.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000