Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Zooloxía I: Invertebrados non artrópodos
   Recomendacións


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bioloxía: Evolución/V02G031V01101
Bioloxía: Técnicas básicas de campo/V02G031V01109
 
Outros comentarios
O horario da materia pode consultarse en: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/horarios As datas de exames teóricos poden consultarse en: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/horarios e http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes As datas de entrega do resto de actividades indícanse na plataforma (horario da materia). Non se recollerá ningunha actividade solicitada fóra do prazo convido. As datas indicadas no horario da materia son inamovibles. Non se pode cambiar de grupo de prácticas e/ou grupos de seminario salvo causas excepcionais e, previa solicitude á coordinadora da materia que decidirá se o cambio é factible ou non unha vez realizada a consulta co coordinador de 2º de grao. A non asistencia a calquera das actividades obrigatorias só será xustificada en casos excepcionais ( p.e. motivos de saúde, problemas familiares, esixencias dun contrato de traballo...) e non se xustificará ningunha ausencia debido a actividades extra curriculares ( p.e. competicións deportivas non oficiais, obter o carné de conducir, irse de viaxe...). Independentemente dos contidos transmitidos na aula, o material necesario para o correcto desenvolvemento da materia, así como a información, notas, avisos, etc. relacionados coa mesma faranse a través da plataforma Moovi. Para un bo desenvolvemento da materia, é conveniente e aconsellable unha lectura detallada da guía docente da materia (metodoloxía e avaliación) así como toda a información que vaia aparecendo na plataforma Moovi. Xa que o material necesario para o correcto desenvolvemento da materia figura na plataforma Moovi é recomendable imprimir e levar á aula os resumos de cada un dos temas. Isto facilitará a comprensión das explicacións, permitirá facer anotacións e resolver cuestións e dúbidas así como rendibilizarase o tempo nas clases maxistrais. En ningún caso ditaranse directa ou indirectamente apuntamentos xa que debido ao escaso número de horas presenciais e á densidade do programa, para poder traballar os conceptos é necesario axilizar as clases. Non se permite o uso de computadores, teléfonos móbiles e outros aparellos parecidos durante as clases teóricas, prácticas e seminarios. É OBRIGATORIO o uso de bata no laboratorio e o CUMPRIMENTO das normas de seguridade (atópanse dispoñibles na plataforma). A docencia práctica terá lugar no laboratorio de prácticas de Zooloxía (laboratorio de docencia LD10, pavillón B, 2º piso). O incumprimento das normas de riscos laborais implica non poder realizar a práctica correspondente. O laboratorio debe quedar recolleito e organizado antes de marchar. É recomendable ler o guión de prácticas antes da súa realización. Rógase puntualidade. LER atentamente a guía docente (metodoloxía e avaliación), así como a información presentada na plataforma Moovi. CONDICIÓNS DE USO DO MATERIAL DEPOSITADO NA PLATAFORMA Moovi O alumnado matriculado na materia NON PODERÁ DIFUNDIR, total ou parcialmente, ningunha das imaxes, vídeos, ou calquera outro contido do curso. Este material é para uso exclusivo da materia. PARA UN MELLOR DESENVOLVEMENTO DA MATERIA RECOMÉNDASE: - Realizar, para unha mellor comprensión da materia, os exercicios sobre os conceptos teóricos e as prácticas dispoñibles na plataforma tema. - Consultar a bibliografía recomendada. - Facer uso frecuente das titorías para resolver as dúbidas que se presenten ao longo do curso, tanto no que se refire a cuestións teóricas como prácticas da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000