Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Zooloxía I: Invertebrados non artrópodos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Traballo en grupo (relacionado coa teoría).- o alumnado levará a cabo en grupos de 3, 4 ou 5 participantes en función dos alumnos matriculados un traballo relacionado coa parte teórica (15 %) segundo normas que figurarán na plataforma Moovi.
Traballo individual (relacionado coas prácticas).- o alumnado levará a cabo de forma individual a preparación dunha colección de 10 fichas sobre 10 especies elixidas da listaxe de especies do visu· seguindo as normas que figurarán na plataforma da materia (10 % da nota).
Con este traballo serán avaliadas parte das competencias transversais que debe adquirir o alumnado.
25 A2
B1
C1
D1
D4
D5
Práctica de laboratorio A avaliación dos coñecementos e competencias alcanzados nesta parte levará a cabo no laboratorio mediante un exame sobre as prácticas e que incluirá ademais un recoñecemento de visu de 5 especies de invertebrados non artrópodos das que figuran na listaxe incluída na plataforma Moovi. 15 A2
A3
A4
B1
B3
B6
C2
D1
D4
Estudo de casos Cuestionarios: parte dos contidos teóricos serán avaliados a través de 3 cuestionarios on- line (consultar datas de realización e entrega no calendario da materia dispoñible na plataforma da materia). 15
Exame de preguntas obxectivas Os contidos teóricos da materia serán explicados na aula a través de sesións maxistrais. Para avaliar os coñecementos e competencias adquiridas polo alumnado sobre estes contidos teóricos realizaranse 2 probas escritas na aula que incluirán preguntas tipo test, de resposta curta, de relacionar, de desenvolvemento, etc. 40 A2
A3
A4
B1
B3
B6
C2
C6
D5
Observación sistemática O alumnado levará a cabo distintas actividades deseñadas para os seminarios onde basicamente trabállase en grupo. Estas actividades están deseñadas para afianzar coñecementos e competencias que o alumnado debe adquirir. Valorarase a participación resolvendo cuestións expostas polo alumno e o profesor. Así mesmo valorarase a participación do alumnado nas clases teóricas. 5 A2
A3
A4
B1
B3
B6
C1
C2
C6
C9
D1
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

A avaliación é continua ao longo do curso. Para poder ser avaliado de forma continua, o alumnado deberá realizar todas as actividades planificadas para cada un dos bloques.

É obrigatorio incluír no perfil de usuario da plataforma Moovi, unha fotografía que debe permitir identificar á persoa (tipo DNI e actualizada) e unha dirección de correo electrónico (e-mail) útil (de preferencia @alumnos. uvigo.gal). En ausencia da fotografía o alumno non será avaliado polo que non recibirá nin as cualificacións nin as correccións das distintas actividades.

As situacións particulares que impidan participar nas actividades de forma regular, por exemplo ter un contrato de traballo, enfermidade, etc. deberán ser comunicadas á coordinadora da materia nos 5 días inmediatos á aparición do problema, co fin de buscar unha solución.

A asistencia ás prácticas e seminarios é obrigatoria para poder presentarse ás probas teóricas e/ou prácticas nas dúas convocatorias.

Para poder superar a materia é necesario superar teoría, prácticas e traballo tutelado por separado cunha nota igual ou superior á mínima esixida en cada parte. No caso de non ser así, non se fará suma e a nota que figurará na acta será a máis alta dos apartados suspensos.

Presentarse a dous das actividades avaliables independentemente de que o alumno realice ou non o resto figurará como suspenso na Acta. Só os alumnos que nunca asistisen ás clases teóricas, seminarios, prácticas ou non realicen ningunha das actividade savaliables figurarán na acta como non presentados.

Aínda que co sistema de avaliación continua resulta máis fácil aprobar unha materia, é máis difícil conseguir unha boa nota. Para non prexudicar ao alumnado, no caso de que se supere a materia sumaráselle entre un 5 e un 10 % da nota só na primeira convocatoria.

Confusións repetidas de conceptos básicos ou mala utilización da nomenclatura científica nas distintas probas, pode implicar un 0 no conxunto da proba.

Se en calquera das actividades detéctase copia, o alumno suspenderá automaticamente esa parte da materia.

Avaliación dos bloques

Bloque teórico

A avaliación dos contidos teóricos (55 %) será continuada ao longo do curso e consistirá en 5 probas, 2 escritas sobre contidos impartidos nas clases de teoría (40 %) e 3 cuestionarios en liña que valerán un 15 %. Para poder superar esta parte debe obterse como mínimo un 5 sobre 10 en cada unha das 2 probas escritas e un 4,5 en cada un dos 3 cuestionarios.

Bloque de prácticas

A parte práctica equivale ao 15 % da nota final. As prácticas de laboratorio son obrigatorias e avaliaranse a través dun exame práctico, que se realizará no laboratorio en horario de mañana o día seguinte da 2ª proba de teoría (ver data en http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes).

Para poder superar esta parte debe obterse como mínimo un 5 sobre 10.

Seminarios e clases teóricas

A asistencia e participación nas clases teóricas e seminarios implica un 5 % da nota.

A asistencia a seminarios e obrigatoria.

A asistencia ás clases teóricas controlarase algúns días ao azar e terase en conta a participación dos alumnos en clase.

Traballo tutelado

A presentación dun traballo relacionado coa zooloxía valorarase cun 15 % da nota. Para poder superar esta parte debe obterse como mínimo un 4.5 sobre 10.

A presentación dunha colección de fichas valorarase cun 10 % da nota. Para poder superar esta parte debe obterse como mínimo un 4.5 sobre 10.

2ª OPORTUNIDADE

As actividades avaliables superadas na primeira oportunidade gardaranse para a segunda oportunidade. Si non se supera a materia o matricularse de novo no seguinte curso, implicará repetir todas as actividades avaliables.

AVALIACIÓN GLOBAL

Os estudantes que renuncien a avaliación continua, poderán solicitar avaliación global no período establecido polo centro. Dicha avaliación levarase a cabo nas datas oficiais de primeira e segunda oportunidade. Esta avaliación permitirá alcanzar o 100 % da puntuación da materia nun exame desglosado en duas partes:

Contidos teóricos (65 %)

Contidos prácticos (35 %)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000