Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Zooloxía I: Invertebrados non artrópodos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Uso de material infográfico e documental para explicar conceptos zoolóxicos relacionados cos invertebrados non artrópodos incentivando a participación dos alumnos.
Seminario Consulta de dúbidas e resolución de cuestións expostas polo profesor e polo alumno. Aclaración de conceptos en sesións planificadas e organizadas polo profesor. O alumnado levará a cabo distintas actividades deseñadas para os seminarios onde basicamente trabállase en grupo. Estas actividades están deseñadas para afianzar coñecementos e competencias basicamente transversais que o alumnado debe adquirir.
Prácticas de laboratorio Actividade experimental no laboratorio, complemento das clases teóricas. O alumnado realizará 6 prácticas no laboratorio ao longo do curso onde se verán de forma práctica os contidos desenvolvidos na teoría. As prácticas da materia inclúen entre outras cousas, manexo, observación, identificación, estudo de morfoloxía externa e anatomía interna e disección de distintos exemplares da maioría dos fíos estudados.
Traballo tutelado Explicación da metodoloxía para seguir para a realización de traballos relacionados coa zooloxía por parte do alumno. O alumnado o levará a cabo en grupos de 3, 4 ou 5 participantes en función dos alumnos matriculados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000