Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Citoloxía e histoloxía animal e vexetal I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Valoración do traballo desenvolvido durante os seminarios 10 A1
A2
A4
B6
C1
C6
D1
D3
Exame de preguntas obxectivas Exame escrito que inclue a evaluación das clases teóricas 40 A1
A2
A3
B1
B6
C1
C6
Exame de preguntas obxectivas Exame escrito que inclue a evaluación das clases teóricas 30 A1
A2
A3
B1
B6
C1
C6
Práctica de laboratorio Exame escrito que inclue a avaliación das prácticas de laboratorio 10 B3
C4
D1
D3
Práctica de laboratorio Exame escrito que inclue a avaliación das prácticas de laboratorio 10 B3
C4
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

• A asistencia ás clases teóricas, prácticas e seminarios é obrigatoria salvo falta debidamente xustificada.

• Para aprobar a materia hai que superar o 40 % tanto da parte teórica (suma das dúas probas) como da práctica (suma das dúas probas). Pola contra, a nota final será o resultado de multiplicar a nota total (teoría + prácticas + seminarios) por 0.5.

• No caso de que a valoración final da materia non alcance o aprobado (5 puntos), pero supere algunha das partes co 40 % (teoría, prácticas ou seminarios), manterase esas puntuacións para a segunda oportunidade de exame (xullo), sempre que o alumno o solicite.

• Os alumnos repetidores doutros anos deberán realizar todas as actividades de aula e laboratorio (seminarios e prácticas), das que serán avaliados.

• Teoría. O primeiro bloque temático (Bioloxía Celular) avaliarase sobre catro (4 puntos) nun primeiro exame de preguntas obxectivas que se establecerá no calendario oficial. O segundo bloque temático (Bioloxía do Desenvolvemento) avaliarase sobre tres (3 puntos) nun segundo exame de preguntas obxectivas a realizar na data do exame final fixada pola Facultade. O peso máximo da parte teórica sobre a nota final será de 7 puntos (4+3).

• Prácticas. As prácticas avaliaranse en dúas probas sobre 1 punto cada unha. A primeira proba avaliarase sobre 1 punto mediante un exame de preguntas obxectivas que incluirá a identificación de estruturas microscópicas sobre imaxes e realizarase na data fixada pola Facultade. A segunda proba tamén se avaliará sobre 1 punto mediante un exame do mesmo tipo que para a primeira proba e realizarase na data fixada pola Facultade.

• Seminarios. Avaliaranse en tres probas sobre 0,33 puntos cada unha, a celebrar durante a realización do propio seminario. Polo tanto, con esta avaliación poderase conseguir un máximo de 1 punto da nota total.

• Os alumnos que non sigan a avaliación continua serán avaliados nunha única proba sobre 10 puntos que incluirá preguntas obxectivas sobre os contidos da materia, a realizar na data do exame final fixada pola Facultade.

• Exame para subir nota. Os alumnos que superen a materia no primeiro cuadrimestre (primeira oportunidade), e desexen mellorar a súa cualificación, poderán presentarse a un exame para subir nota que se realizará en data e hora a determinar de acordo co profesor.

• Non presentado. Considerarase cando non realice ningunha actividade que conleve avaliación.

• Data do exame final. As datas dos exames poden consultarse na páxina web da Facultade: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

• Horarios da materia. Os horarios da asignatura poden consultarse na seguinte dirección: http://bioloxia.uvigo.es/gal/docencia/horarios

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000