Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioloxía: Técnicas básicas de campo
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Botánica I: Algas e fungos/V02G031V01202
Botánica II: Arquegoniadas/V02G031V01207
Zooloxía I: Invertebrados non artrópodos/V02G031V01205
Zooloxía II: Invertebrados artrópodos e cordados/V02G031V01210
Ecoloxía I/V02G031V01301
Ecoloxía II/V02G031V01306

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Bioloxía: Ferramentas informáticas en bioloxía/V02G031V01110
Bioloxía: Solo, medio acuático e clima/V02G031V01106
Bioloxía: Técnicas básicas de laboratorio/V02G031V01108

 
Outros comentarios
1. Para un mellor desenvolvemento da materia, aconséllase LER CON ATENCIÓN a Guía Docente (metodoloxía e avaliación), así como as informacións presentadas en MOOVI de forma continua polo profesorado e/ou coordinador. 2. O material didáctico publicado en MOOVI, facilitará a comprensión das explicacións, mellorará a resolución de cuestións e dúbidas e permitirá rendibilizar o tempo das clases maxistrais, seminarios, prácticas e tutorías, polo que debe ser lido polo alumno previamente á realización das prácticas. Non preparar antes a práctica, implica que non contabilice a asistencia á mesma e a inasistencia ao 80 % das actividades implica non poder presentarse á materia nese ano académico. 3. No laboratorio é INDISPENSABLE o uso de bata e nas saídas ao campo, o calzado e a roupa serán ADECUADAS ás características da zona visitada e á climatoloxía do momento. O incumprimento destas normas implica non poder realizar a práctica correspondente e a inasistencia ao 80 % das actividades implica non poder presentarse á materia nese ano académico. 4. En prácticas de campo rexen as mesmas normas de comportamento que na aula e/ou no laboratorio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000