Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioloxía: Técnicas básicas de laboratorio
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas AVALIACIÓN CONTINUA.
Módulo I. Os contidos e competencias adquiridas nos seminarios teóricos e prácticas experimentais do módulo serán avaliados mediante a elaboración de probas de suficiencia desenvolvidas nas datas indicadas no cronograma do cuadrimestre. Ademais do anterior, na nota do módulo tamén contará a observación sistemática de cada estudante, a implicación, actitude e calidade do seu traballo.

No caso de non alcanzar unha puntuación mínima correspondente ao 40%, a materia considerarase suspensa.

As notas correspondentes á avaliación continua faranse públicas polo profesorado responsable no prazo dos 15 días posteriores á finalización da actividade docente.
15 A1
A5
B1
B3
C1
C3
C4
C10
D3
D4
D5
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas AVALIACIÓN CONTINUA.
Módulo II. Os contidos e competencias adquiridas nos seminarios teóricos e prácticas experimentais do módulo serán avaliados mediante a elaboración de probas de suficiencia desenvolvidas nas datas indicadas no cronograma do cuadrimestre. Ademais do anterior, na nota do módulo tamén contará a observación sistemática de cada estudante, a implicación, actitude e calidade do seu traballo.

No caso de non alcanzar unha puntuación mínima correspondente ao 40%, a materia considerarase suspensa.

As notas correspondentes á avaliación continua faranse públicas polo profesorado responsable no prazo dos 15 días posteriores á finalización da actividade docente.
15
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas AVALIACIÓN CONTINUA.
Módulo III. Os contidos e competencias adquiridas nos seminarios teóricos e prácticas experimentais do módulo serán avaliados mediante a elaboración de probas de suficiencia desenvolvidas nas datas indicadas no cronograma do cuadrimestre. Ademais do anterior, na nota do módulo tamén contará a observación sistemática de cada estudante, a implicación, actitude e calidade do seu traballo.

No caso de non alcanzar unha puntuación mínima correspondente ao 40%, a materia considerarase suspensa.

As notas correspondentes á avaliación continua faranse públicas polo profesorado responsable no prazo dos 15 días posteriores á finalización da actividade docente.
15
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas AVALIACIÓN CONTINUA.
Módulo IV. Os contidos e competencias adquiridas nos seminarios teóricos e prácticas experimentais do módulo serán avaliados mediante a elaboración de probas de suficiencia desenvolvidas nas datas indicadas no cronograma do cuadrimestre. Ademais do anterior, na nota do módulo tamén contará a observación sistemática de cada estudante, a implicación, actitude e calidade do seu traballo.

No caso de non alcanzar unha puntuación mínima correspondente ao 40%, a materia considerarase suspensa.

As notas correspondentes á avaliación continua faranse públicas polo profesorado responsable no prazo dos 15 días posteriores á finalización da actividade docente.
5
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas AVALIACIÓN CONTINUA.
Módulo V. Os contidos e competencias adquiridas nos seminarios teóricos e prácticas experimentais do módulo serán avaliados mediante a elaboración de probas de suficiencia desenvolvidas nas datas indicadas no cronograma do cuadrimestre. Ademais do anterior, na nota do módulo tamén contará a observación sistemática de cada estudante, a implicación, actitude e calidade do seu traballo.

No caso de non alcanzar unha puntuación mínima correspondente ao 40%, a materia considerarase suspensa.

As notas correspondentes á avaliación continua faranse públicas polo profesorado responsable no prazo dos 15 días posteriores á finalización da actividade docente.
20
Exame de preguntas obxectivas PROBA FINAL INTEGRADORA
Os contidos fundamentais da materia serán avaliados, así mesmo, a través dunha proba escrita, de carácter obrigatorio. Mediante diferentes tipos de cuestións ou exercicios, se testará o grao en que cada alumno, relacionando e integrando os coñecementos adquiridos nos diferentes módulos, sería capaz de afrontar con solvencia a resolución de supostos experimentais concretos.

No caso de que a puntuación obtida nesta proba non alcance o 40% do total que lle corresponde na cualificación final, a materia considerarase suspensa.
30 A1
A5
B1
B3
C1
C3
C4
C10
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

O período lectivo dos diferentes módulos e grupos experimentais, así como a presentación da materia a cargo do coordinador poden ser consultados na páxina web da Facultade (http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios). As datas oficiais do exame das diferentes convocatorias pode consultarse así mesmo na páxina web da Facultade (http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames).

O itinerario de avaliación continua esixe que o estudante realice TODAS as actividades de aprendizaxe e avaliación establecidas en cada módulo experimental.De non cumprirse este requisito, o estudante pasará a rexerse polo sistema de avaliación global (ver máis adiante).

A asistencia a todas as actividades presenciais é OBLIGATORIA para APROBAR a materia, salvo ausencia debidamente xustificada por algún dos motivos de exención oficialmente considerados (enfermidade e compromisos deportivos federados).

O estudante que suspenda a materia recibirá como cualificación numérica a puntuación máis baixa que obtivese no módulo o módulos non superados.

Para que un estudante figure na acta como "Non presentado" será preciso que a ningún profesor cónstelle unha soa nota súa correspondente ás probas de avaliación continua que se realizan nos diferentes módulos.

Na oportunidade de xullo o estudante suspenso deberá recuperar únicamente as actividades non superadas na convocatoria anterior.

AVALIACIÓN GLOBAL

Os estudantes que renuncien ou non cumpran coas condicións da avaliación global, serán avaliados mediante unha ÚNICA PROBA FINAL, de carácter teoricopráctico, a realizar nas datas establecidas no calendario oficial.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000