Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Estatística: Bioestatística
   Contidos
Tema Subtema
ESTATÍSTICA DESCRITIVA Medidas de tendencia central, de dispersión e de forma. Representacións gráficas. Variabilidade biolóxica. Transformacións lineais e non lineais. Datos atípicos e diagramas de caixas. Media e varianza en subpoboacións. Introdución descritiva a técnica Anova.
CÁLCULO DE PROBABILIDADES
Experimento aleatorio. Definición frecuentista e axiomática de Probabilidade. Regra da Adición. Probabilidade condicionada. Probabilidades totais e teorema de Bayes. Independencia de sucesos. Asignación de probabilidades. Aplicacións en bioloxía: test diagnósticos, risco relativo e odds ratio.
PRINCIPAIS DISTRIBUCIÓNS
Variables aleatorias discretas e continuas. Media e varianza. Principais distribucións discretas e continuas.
Modelos binomial e multinomial. Outros modelos discretos: hiperxeométrico, poisson, binomial negativa.
Modelos continuos: normal, log-normal, exponencial, chi-cadrado, t-student, F Fisher-Snedecor.
INTRODUCIÓN AO CONTRASTE DE HIPÓTESE. TÁBOAS DE FRECUENCIAS: MEDIDAS E CONTRASTES Introdución ao contraste de hipótese: erro tipo I, erro tipo II, nivel de significación e valor p. Contrastes paramétricos e non paramétricos. Test para a media e para a varianza dunha poboación normal. Intervalos de confianza.
Táboas de frecuencias. Medidas de asociación en táboas de frecuencias para variables nominais e ordinais. Medidas de predición e concordancia.
Test chi-cadrado. Contrastes de bondade de axuste e contrastes de independencia e de homoxeneidade. Tests de normalidade.
REGRESIÓN E CORRELACIÓN
Gráfico de dispersión. Recta de axuste. Coeficiente de correlación e de determinación. ANOVA e análise de residuos. Outros axustes: parabólico, exponencial, potencial. Introdución á regresión lineal múltiple. Predicións.
TÉCNICAS DE INFERENCIA PARA COMPARAR GRUPOS
Comparacións entre 2 grupos. Test F para comparar varianzas. Test t de Student para comparar medias. Comparacións de mais de 2 grupos. ANOVA e tests de comparacións múltiples. Homoxeneidade de varianzas. Requerimentos dos modelos e técnicas non paramétricas alternativas.
LABORATORIO EXCEL e software libre R: the Project for Statistical Computing
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000