Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioloxía: Solo, medio acuático e clima
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Proba escrita (preguntas tipo test e/ou preguntas curtas) sobre os contidos fundamentais da materia 40 A1
B2
C7
C8
Prácticas de laboratorio Cuestionario sobre as prácticas.
Avaliación do informe/memoria das prácticas realizadas. Valorarase a estrutura do traballo, contido, resultados obtidos, análise dos datos e interpretación de resultados.
31 A3
B1
B2
C7
C8
D3
D5
Seminario Avaliarase a participación activa e os informes presentados 21 A3
B2
B6
C7
C8
D5
Observación sistemática Avaliarase a asistencia e participación activa durante as explicacións dos conceptos teóricos da materia 8 B1
B6
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os contidos da materia abarcan aspectos básicos sobre tres elementos do medio físico (solo, media acuático e clima) e a súa relación coa Bioloxía.

Na avaliación contínua a ponderación  da materia é a seguinte: Solo (60%), Medio Acuático (20%) e Clima (20%). Cada unha das actividades valorarase nunha escala de 1 ao 10 que logo será ponderada para obter a puntuación final. A materia considerarase aprobada sempre que a nota final ponderada sexa igual ou superior a 5 e se obtuvese na proba escrita polo menos un 5. Copiar nas probas escritas ou nos informes supón a obtención de cero puntos na proba na que se copiou. Para que un alumno sexa cualificado como " Non Presentado" non ten que ser avaliado en ningunha proba escrita ao longo do curso.

Na convocatoria de xullo o alumno só terá que recuperar os módulos suspensos (cualificación módulo < 5). Non haberá posibilidade de repetir os informes das prácticas e seminarios pero os alumnos suspensos poderán recuperar esa parte mediante unha proba específica no exame. Os criterios de valoración serán os mesmos que para a primeira convocatoria. Os alumnos repetidores que teñan aprobadas as prácticas e os seminarios, non terán que repetilos de novo, conservándose nese caso a cualificación do curso anterior.

No caso de que o alumno opte pola avaliación global, deberá solicitar este tipo de avaliación no prazo indicado polo centro. Neste caso, realizará un exame do contido de toda a materia, mantendo na ponderación os porcentaxes por módulos empregados na evaluación contínua. Para poder aprobar mediante  este tipo de avaliacion, o alumno deberá realizar obrigatoriamente as prácticas da materia. 

 Pódense consultar as datas dos exames no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames. Pódense consultar os horarios da materia no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000