Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas aplicadas á bioloxía
   Contidos
Tema Subtema
TEMARIO DA MATERIA
1. O ESPAZO Rn:
O espazo vectorial Rn. Matrices e determinantes. Aplicacións lineais: matriz asociada. Producto escalar, norma e distancia. Formas cadráticas.
2. INTRODUCIÓN AO CÁLCULO DIFERENCIAL: Cuestións básicas de funcións reais. Derivación de funcións dunha variable. Derivadas direccionais e derivadas parciais. Diferencial dunha función: matriz jacobiana e vector gradiente. Regra da cadea. Plano tanxente. Derivadas sucesivas. Extremos dunha función escalar.
3. INTRODUCIÓN AO CÁLCULO INTEGRAL:
Cálculo da área dunha rexión plana limitada por curvas. Teorema fundamental do cálculo integral. Primitivas.
TEMARIO DE PRÁCTICAS DE ORDENADOR
1. Toma de contacto co programa de cálculo MAXIMA. Álxebra lineal.
2. Funcións dunha e varias variables. Representación gráfica e a súa interpretación.
3. Aplicacións do cálculo diferencial. Integración e as súas aplicacións.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000