Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Xeoloxía: Xeoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Avalíase a memoria escrita sobre un tema relacionado coa materia elixido por cada grupo de alumnos. Valórase o contido, a inclusión de documentación complementaria, a presentación, gráficos, esquemas, fotografías, etc.
Os criterios de avaliación axustaranse aos contidos da rúbrica do TFG proposta polo centro (non ás porcentaxes).
20 A3
B1
B2
B4
C12
D3
D4
D5
Presentación Avalíanse de xeito similar aos contidos da rúbrica do TFG que propón o centro:
A estrutura e a calidade da presentación.
Cómprese no tempo establecido.
O uso da linguaxe con rigor científico.
A actitude durante a presentación.
A calidade das respostas ás preguntas formuladas
20 A3
B2
B4
C8
C12
D3
D4
D5
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Avalíase a memoria escrita das actividades realizadas nas prácticas de campo que deberá subirse a Moovi antes da data sinalada, valorándose o contido, a inclusión de gráficos, esquemas, etc. 10 A3
B4
C8
C12
D3
D4
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame escrito de carácter teórico-práctico sobre os contidos fundamentais da materia. 35 A1
A3
B2
B4
C8
C12
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase unha proba para resolver un ou varios exercicios prácticos. 15 A1
A3
B2
C12
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Lémbrase que a asistencia ás actividades presenciais é obrigatoria.

Como norma xeral, a avaliación na primeira oportunidade será continua. Para superar a materia será necesario acadar unha puntuación de polo menos un 40% da avaliación individual dos seminarios, da exposición e do exame de cuestións de desenvolvemento. No caso de non acadar o devandito 40% nalgunha destas tres probas, a nota final será igual á media ponderada final, multiplicada por 0,5.

MÉTODO DE AVALIACIÓN GLOBAL: Deberá ser solicitado por cada alumno na forma e prazo que indique o centro. Consistirá nun único exame teórico-práctico que suporá o 100% da avaliación.

AVALIACIÓN DE SEGUNDA OPORTUNIDADE: Consistirá nun único exame teórico-práctico que suporá o 100% da avaliación.

O alumnado que curse esta materia está obrigado a ter un comportamento responsable e honesto (Ver Título VII da Normativa de avaliación, cualificación e calidade da ensinanza e do proceso de aprendizaxe do alumnado).

Datas das probas e entrega de informes, segundo o calendario oficial do centro: https://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/horarios/ e https://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000