Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Xeoloxía: Xeoloxía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia: horario, contidos, prácticas, avaliación.
Lección maxistral Clases na aula sobre os conceptos e contidos fundamentais da materia. Estimularase a participación do alumnado mediante preguntas, resolución en conxunto de exercicios, etc.
Seminario Elaboración dunha memoria sobre unha materia relacionada coa Xeoloxía escollida dunha lista proposta polo profesorado. O estudantado ten a opción de escoller un tema do seu interese, pero debe ser consultado e aprobado polo claustro.
Para a elaboración da devandita memoria, o alumnado recibirá o asesoramento oportuno nunha sesión presencial ao comezo do curso e mediante unha atención personalizada durante o resto do cuadrimestre.
Prácticas de campo Saída de campo para recoñecer diferentes tipos de rochas, estruturas tectónicas e diversos medios sedimentarios. Aprender a utilizar o compás xeolóxico. Elaboración dunha memoria de actividade avaliable, que se subirá a Moovi.
Presentación Exposición oral dos contidos da memoria elaborada nos seminarios.
O alumnado recibirá asesoramento sobre como estruturar, preparar unha exposición e presentar un traballo mediante sesións de atención personalizada.
Prácticas de laboratorio Resolución guiada de exercicios de topografía e cartografía xeolóxica básica. Cortes xeolóxicos.
Avaliación mediante unha proba presencial na aula.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000