Educational guide 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Física: Física dos procesos biolóxicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario As actividades dos seminarios complementan os coñecementos das distintas partes e avalíanse xunto con cada unha delas. A avaliación realízase parcialmente integrada no contexto das probas escritas e/ou exames. 4 A1
A3
B2
C1
C8
D1
D2
Prácticas de laboratorio As prácticas e os resultados de pácticas é o 20% da nota. 20 A1
A3
B2
B6
C3
C6
D2
D4
Traballo tutelado Realizarase un traballo en grupo que, deberá ser exposto, todo o cal supón o 15% da nota.
15 A1
A3
B2
B6
C1
D1
D2
D4
Lección maxistral Os contidos expostos nas clases (teoría) supoñen unha parte importante da nota global. Realizarase a súa avaliación integrada no contexto das probas escritas e/ou exames, contando un 20%. Estes exames son específicos de teoría. Proponse que haxa dúas probas liberadoras de materia, pero cada unha delas debe ser superada cun mínimo de 4 puntos sobre 10, para que sexan tidas en conta na avaliación continua. 20 A1
B2
C6
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Os problemas supoñen unha parte importante da nota global. Realizarase a súa avaliación integrada no contexto das probas escritas e/ou exames, contando un 38%. Estes exames son específicos de problemas. Proponse que haxa dúas probas liberadoras de materia, pero cada unha delas debe ser superada cun mínimo de 3,5 puntos sobre 10, para que sexan tidas en conta na avaliación continua. 38 A1
A3
B2
B6
C1
D1
D2
Autoavaliación Poderase incluir un escrito razonado de autoavaliación que poderá supoñer ata un 3% da nota como máximo. 3 A1
A3
B6
C1
D1
D2
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

A avaliación realizarase mediante a suma das notas de catro probas escritas (dúas de teoría e dúas de problemas), as prácticas, un escrito razonado de autoavaliación, a participación en seminarios e un traballo de curso en grupo (e a súa exposición). Todas as actividades prácticas desta materia (en laboratorio, aula informática, seminario, etc.) teñen a consideración de experimentais.

As probas de teoría supoñen o 20% da nota global; as de problemas o 38%; as prácticas o 20%; a autoavaliación un 3%; a participación en seminarios o 4%; e o traballo, xunto coa súa correspondente exposición oral, o 15%. Cada proba de teoría ou problemas debe ser superada cun 4 e 3,5, respectivamente, sobre 10 para poder facer media na avaliación continua. A 1ª proba de teoría xunto coa 2ª de problemas, poderán compensarse para obter un mínimo de 5 puntos (aprobado) no seu conxunto. Igualmente para as probas 3ª (teoría) e 4ª (problemas). Calquera delas que non supere 3,5 ou 4 puntos, segundo corresponda, sobre 10 --e que non puidese ter sido compensada-- deberá ser recuperada, cunha nota mínima de 5, no exame final da materia. O dito exame fnal NON é para subir nota, posto que as probas anteditas son liberadoras de materia ao longo do curso en sistema de avaliación continua. A asistencia a seminarios, e a realización e entrega de todas as prácticas, son obrigatorias para superar a materia.

Considerarase N.P. aquelas/es alumnas/os que non se presenten a ningunha das probas puntuables. Quen non se presente ou non entregue algunha das probas/prácticas/traballos/exposicións puntuables recibirá como nota de curso o promedio pesado das notas obtidas, pero ponderado por un factor 0,5.

2ª OPORTUNIDADE:

As mesmas condicións repítense para o exame de 2ª oportunidade en xullo.

AVALIACIÓN GLOBAL:

O alumnado poderá comunicar, no 1º mes de curso, a súa renuncia ao sistema de avaliación continua. No dito caso, a realización e entrega de todas as prácticas é obrigatoria para superar a materia en todo caso.

DATAS EXAMES CURSO 2023-2024 NA WEB DA FACULTADE (http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames)

HORARIOS DE CURSO: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/horarios/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000