Educational guide 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Física: Física dos procesos biolóxicos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminario Clases de seminarios/problemas: os problemas versarán sobre casos prácticos de aplicación da teoría, con datos numéricos e emprego das ferramentas matemáticas e/ou informáticas necesarias.
Prácticas de laboratorio Clases prácticas de laboratorio: realizaranse no laboratorio 21 bloque C 3º andar.
Cada práctica ten un guión que, previamente á súa realización, será entregado a cada alumna e alumno. Os resultados obtidos tras a realización de cada práctica no laboratorio serán entregados polo alumnado para a súa avaliación.
Traballo tutelado Traballos en grupo: realizarase un traballo en grupo sobre aspectos físicos aplicados á Bioloxía.
Lección maxistral Clases teóricas: serán impartidas nun aula e nelas desenvolveranse os contidos teóricos do programa.
Resolución de problemas de forma autónoma Os problemas con resolución de forma autónoma serán propostos como reforzo, e versarán sobre casos prácticos similares aos tratados no contexto de seminarios e prácticas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000