Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Biodiversidade: Xestión e conservación
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral A atención é en grupo e ten lugar na aula onde se realice a lección maxistral. Nesta actividade o docente ten como función orientar e guiar no proceso de aprendizaxe ao alumnado, tentando en todo momento que comprenda cada un dos temas do programa, co apoio informático oportuno.
Prácticas con apoio das TIC A atención pode ser individual ou en grupos reducidos e ten lugar na aula de informática. Nesta actividade o docente ten como función orientar e guiar o proceso de aprendizaxe do alumnado e axudalo a realizar con éxito o correspondente traballo.
Saídas de estudo A atención é en grupos reducidos e ten lugar na contorna da Facultade cando se realicen as saídas ao mesmo ou no laboratorio cando se estea traballando coas mostras recadadas nas saídas de campo. Na saída longa a un espazo natural protexido , o docente ten como función orientar e guiar ao alumno, para que adquira con éxito o proceso de aprendizaxe do medio natural que observará en todo momento.
Traballo tutelado Tempo reservado por cada docente para atender e resolver as dúbidas do alumnado. A atención pode ser individual ou en grupos reducidos e ten lugar normalmente no gabinete do docente ou na aula se é preciso. Nestas actividades o docente ten como función orientar e guiar o proceso de aprendizaxe do alumnado e axudalo a realizar con éxito o correspondente traballo autónomo. O profesorado indica os primeiros días de clase o lugar, día e horas para esa atención personalizada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000