Guia docente 2024_25
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Xenética II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se modifican

Se é necesario, tanto as clases teóricas como as prácticas seguiranse de forma mixta na aula presencialmente por un grupo de alumnos reducido que irán rotando, e de forma telemática para o resto.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

Todas as titorías realizaranse en grupo ou individualmente utilizando o campus remoto seguindo os horarios indicados polo centro ou acordando datas e horas previamente cos estudantes mediante correo electrónico.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

- Modalidade mixta: non se modifica.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000