Guia docente 2021_22
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Botánica II: Arquegoniadas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O programa teórico da materia se desenvolverá durante as sesións maxistrais. Os materiais didácticos utilizados nas exposicións estarán a disposición dos estudantes de xeito anticipado.
Prácticas de laboratorio Procederase á observación dos caracteres taxonómicos de exemplares dos diferentes grupos de plantas utilizando a lupa binocular e o microscopio composto. Utilizaranse claves de identificación.
Prácticas de campo Os alumnos, individualmente ou por parellas, confeccionarán un herbario virtual que debe incluír, polo menos, 30 especies distintas de árbores e arbustos espontáneos e ornamentais da súa contorna. Ademais da identificación e fotografías, deben indicar a súa posición taxonómica e os caracteres máis relevantes que os diferencian doutras especies próximas.
Seminario Durante os seminarios tratarase de xeito monográfico algúns aspectos relacionados coa materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000