Guia docente 2021_22
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Botánica II: Arquegoniadas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución odetermínen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

No caso de que, seguindo as instrucións do Reitorado da Universidade de Vigo, se estableceraunha modalidade mixta de docencia, parte dos alumnos asistirán con normalidade ás clases maxistrais na aula, mentres que o resto poderán conectarse sincrónicamente a través do Campus remoto; o Decanato da Facultade será o encargado de establecer as quendas. As prácticas de laboratorio e os seminarios desenvolveranse de xeito presencial, extremando ao máximo as precaucións para evitar o contaxio. As titorías levaranse a cabo a través do correo electrónico ou concertando unha videoconferencia no despacho virtual do Campus remoto.
Se se decreta o peche do centro, todas as actividades desenvolveranse de xeito non presencial utilizando as ferramentas de Faitic e Campus remoto. Os contidos das clases teóricas non se verán modificados. Os contidos das clases prácticas adaptaranse para ser impartidos de xeito virtual explicando con detalle o procedemento, utilizando fotografías e debuxos esquemáticos das estruturas e simulando o uso de claves de identificación.
A confección do herbario virtual mantense pero só poderá realizarse de maneira individual.
Manteranse as probas de avaliación planificadas e mesmo a porcentaxe relativa á cualificación final.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000