Guia docente 2021_22
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioquímica II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas de laboratorio A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria. Por unha banda, valorarase a habilidade e o comportamento no laboratorio, representando o 5% da nota final; e por outra banda, a realización dun informe de todas as prácticas realizadas que representará un 15% da nota final.
Así mesmo, é imprescindible obter unha nota mínima de 5,0 sobre 10 para que esta sección poida poder computar para a nota final da materia de Bioquímica II.
20 CB1
CB2
CB3
CB4
CG2
CG4
CG5
CG11
CE3
CE6
CE8
CE21
CE25
CE31
CE32
CT1
CT2
CT5
CT8
CT9
CT10
CT14
Seminario A asistencia é obrigatoria. Nos seminarios reforzaremos os contidos adquiridos polo alumno coa resolución de exercicios.
É imprescindible obter unha nota mínima de 5,0 sobre 10 nos seminarios para que poidan computar para a nota final da materia de Bioquímica II.
15 CB1
CB2
CB3
CB4
CG2
CG3
CG5
CG7
CG10
CG11
CE3
CE6
CE8
CE25
CE28
CE32
CT1
CT2
CT3
CT6
CT8
CT9
CT10
CT14
Resolución de problemas e/ou exercicios Esta proba parcial consistirá en preguntas de tipo test e preguntas curtas. Terá lugar na última semana de marzo e incluirá os tres primeiros temas que conforman o temario de Bioquímica II.
É imprescindible obter unha nota mínima de 5,0 sobre 10 para que poida computar para a nota final da materia de Bioquímica II.
25 CB1
CB2
CG3
CG5
CG7
CG10
CG12
CE6
CE7
CE8
CE9
CE20
CE22
CE23
CE24
CE32
CE33
CT1
CT2
CT3
CT8
CT10
Exame de preguntas obxectivas Este exame consistirá en preguntas tipo test e preguntas curtas.
Para os estudantes que superaron a proba parcial anterior, este exame comprenderá os últimos cinco temas do temario da materia de Bioquímica II, e suporá o 40% da nota final da materia.
Para os estudantes que non superasen a proba parcial, este exame corresponde ao temario completo e suporá o 65% da nota final da materia de Bioquímica II.
En ambos os casos, é esencial obter unha nota mínima de 5,0 sobre 10 para que poida computar para a nota final de Bioquímica II.
40-65 CB1
CB2
CG3
CG5
CG7
CG10
CG12
CE6
CE7
CE8
CE9
CE20
CE22
CE23
CE24
CE32
CE33
CT1
CT2
CT3
CT8
CT10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota final da materia de Bioquímica II será a suma das notas obtidas polo alumno en todas as actividades da materia (prácticas + seminarios + proba parcial + exame final de preguntas obxectivas).

Para superar a materia de Bioquímica II, os estudantes deberán obter unha nota mínima de 5,0 sobre 10,0 no exame final de preguntas obxectivas. Se non, a nota de Bioquímica II na acta será a do exame final de preguntas obxectivas.

Aqueles estudantes que non se presenten ao exame final de preguntas obxectivas aparecerán na acta como NON PRESENTADO, aínda que huberan participado no resto das actividades.

As actividades desenvolvidas durante o curso (seminarios, prácticas, proba parcial) con notas maiores ou iguais a 5,0 manterase ao longo do curso académico.

Estes criterios aplicáranse de forma idéntica nas dúas convocatorias (xuño e xullo).

No caso de non superar a materia na convocatoria de xullo, as notas de seminarios e prácticas serán gardadas durante os próximos dous anos académicos sempre e cando teñan notas maiores ou iguais a 5,0.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000