Guia docente 2021_22
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Microbioloxía I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O profesor-a estrutura e/ou explica os obxectivos e contidos de cada tema e responde as cuestións expostas polos alumnos-as. Estes dispoñen en Faitic das presentacións comentadas na aula, de documentos de apoio de cada tema, organizados en obxectivos, fontes bibliográficas e cuestionarios de autoavaliación e de vídeos e enlaces a textos de libre acceso.
Prácticas de laboratorio O profesor-a explica os fundamentos e protocolos de cada práctica, supervisa a súa execución, resolve dúbidas e conduce a discusión de resultados e resolución de exercicios e casos prácticos. O alumnado dispón en Faitic dun hipertexto que usará como guía das prácticas, con protocolos detallados, cuestionarios de autoavaliación e exercicios resoltos. Tamén dispón de documentos e vídeos que complementan o explicado en laboratorio.
Seminario En dúas sesións de 90 minutos cada unha, o profesor-a organiza, asesora e supervisa as actividades integradas de aprendizaxe colaborativo a desenvolver en grupos de tres ou catro alumnos-as.

Os calendarios de clases (Seminarios, Prácticas e Teoría) pode ser consultados no seguinte enlace:
http://bioloxia.uvigo.es/docencia/horarios
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000