=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===MODALIDADE MIXTA
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Prácticas de laboratorio: mantense a asistencia de todos os estudantes nos seus respectivos grupos, mantendo as máximas condicións de seguridade: distancia social, uso de máscaras e limpeza dos postos e instrumentos de traballo despois de cada sesión práctica.
* Metodoloxías docentes que se modifican
Clase maxistral e seminarios: mantense o número de clases e a cronoloxía dos contidos. Non obstante, debido á necesidade de distanciamento social, as clases serán presenciais para unha parte dos estudantes, aquela que, mantendo a distancia social, poida estar na aula con seguridade, e virtual para o resto dos estudantes, para os que as clases maxistrais ofreceranse de xeito virtual e directo a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías realizaranse a través dos despachos virtuais de cada profesor habilitados no Campus Remoto da Universidade de Vigo, baixo a modalidade de cita previa. Tamén se poden facer vía correo electrónico, usando os foros da plataforma Faitic da Universidade de Vigo.
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se modificarán os contidos.
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Alberts et al., 2014. Essential Cell Biology. 4ª Ed. Garlan Science. ISBN: 978-0-8153-4454-4; https://archive.org/details/essential-cell-biology-4th-edition
Pollard et al., 2001. Cell Biology. 2º Ed. Saunders, Elsevier. ISBN: 1-4160-2255-4; https://archive.org/details/cellbiology_202001
Gilbert et al., 2010. Developmental Biology. 9º Ed. Sinauer Associated. SBN: 978-0-87893-384-6;
https://archive.org/details/DevelopmentalBiology_201803/mode/2up
* Outras modificacións
Non procede
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Non hai cambios
* Probas pendentes que se manteñen
Non hai cambios
* Probas que se modifican
Non hai cambios
* Novas probas
No hai
* Información adicional
Todas as probas e as súas porcentaxes consérvanse na nota final. Non obstante, as probas de avaliación, teoría e prácticas, realizaranse en modo virtual a través da plataforma FAITIC-Moddle da Universidade de Vigo.
O exame das prácticas de laboratorio realizarase ao pouco tempo de terminar a última práctica e será eliminatorio, ou alternativamente poderase facer na data do exame final.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===MODALIDADE VIRTUAL
* Metodoloxías docentes que se modifican
Clase maxistral e seminarios: mantense o número de clases e a cronoloxía dos contidos. As clases serán virtuais ofrecidas en directo a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo.
Prácticas de laboratorio: as seccións prácticas previstas realizaranse empregando material dispoñible en Internet (ver bibliografía adicional). Este material consistirá basicamente en atlas virtuais de Bioloxía Celular e Histoloxía, cos que os estudantes traballarán desde as súas casas.
* Mecanismo non presencial para a atención dos estudantes (titorías)
As titorías realizaranse a través dos despachos virtuais de cada profesor habilitados no Campus Remoto da Universidade de Vigo, baixo a modalidade de cita previa. Tamén se poden facer vía correo electrónico, usando os foros da plataforma Faitic da Universidade de Vigo, ou por teléfono.
* Modificacións (se procede) do contido que se vai ensinar
Non se modificarán os contidos.
* Bibliografía adicional para facilitar a autoaprendizaxe
Alberts et al., 2014. Essential Cell Biology. 4ª Ed. Garlan Science. ISBN: 978-0-8153-4454-4; https://archive.org/details/essential-cell-biology-4th-edition
Pollard et al., 2001. Cell Biology. 2º Ed. Saunders, Elsevier. ISBN: 1-4160-2255-4; https://archive.org/details/cellbiology_202001
Gilbert et al., 2010. Developmental Biology. 9º Ed. Sinauer Associated. SBN: 978-0-87893-384-6;
https://archive.org/details/DevelopmentalBiology_201803/mode/2up
Brelje T.C., Sorenson L.R. Histology Guide. 2015-. (http://www.histologyguide.org/index.html)
Dee et al., 2010. Virtual Slidebox of Histology. University of Iowa Department of Anatomy and Cell Biology. (http://www.path.uiowa.edu/virtualslidebox/)
Jones EJ, Usrey WM. Brain Maps. 2011. UC Regents Davis campus, 2005-2013. (http://brainmaps.org/)
Pedrosa et al., 2010. Atlas Histológico Interactivo. Universidad de Jaen. (Creative common share). (http://www.ujaen.es/investiga/atlas/)
Histology and Virtual Microscopy Learning Resources. 2010. University of Michigan Medical School (Creative Commons Attribution-Noncommercial-Share Alike 3.0 License). (http://histology.medicine.umich.edu/)
School of Medicine. University of Indiana. (Pathology, Medical Student Collection) (https://vmicro.iusm.iu.edu/index_sub.html)
School of Medicine. University of Indiana. (Additional resources) (https://vmicro.iusm.iu.edu/index_add_collection.html)
* Outras modificacións.
Non hai
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Non hai cambios
* Probas pendentes que se manteñen
Non hai cambios
* Probas que se modifican
Non hai cambios
* Novas pruebas
Non hai cambios
* Información adicional
Todas as probas e as súas porcentaxes consérvanse na nota final. Non obstante, as probas de avaliación, teoría, seminarios e prácticas, realizaranse en modo virtual a través da plataforma FAITIC-Moddle da Universidade de Vigo.
O exame das prácticas de laboratorio realizarase ao pouco tempo de terminar a última práctica e será eliminatorio, ou alternativamente poderase facer na data do exame final. |