Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a comunicación internacional
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado – A avaliación componse de dous informes asinados (Formulario TFM04 e Formulario TFM05) polo tribunal unipersoal do TFM.
– O sistema de cualificación será de 0 a 10 puntos.
– A materia considerarase superada a partir de 5. A Matricula de Honra corresponde a un 10.
– O traballo avaliarase segundo a descrición incluída no apartado "Outros comentarios sobre a Avaliación" desta guía docente.
100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

O estudantado terá dereito a dúas oportunidades de avaliación.

As datas de entrega e defensa do traballo de fin de mestrado serán as establecidas de maneira oficial polo Decanato da FFT e notificaránselle ao alumnado con suficiente antelación a través da plataforma de teledocencia e da propia web do MTCI.

É responsabilidade do alumnado consultar de forma regular as últimas novidades publicadas na web do MTCI para estar ao tanto das datas de entrega e presentación do Traballo Fin de Mestrado (TFM).

CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE MÁSTER

1. O/A titor/a realizará a avaliación. 

2. Recibirán automaticamente a cualificación de SUSPENSO aqueles traballos plaxiados ou que presenten unha redacción deficiente ou excesivamente informal e/ou que incumpran as normas ortográficas e gramaticais da lingua usada na redacción.

3. O desenvolvemento da sesión de defensa pública do TFM perante o tribunal UNIPERSOAL será o seguinte:

– Presentación por parte do/a estudante dos aspectos máis relevantes do seu traballo (aprox. 10 minutos). 

– Intervención do/a titor/a, na que se realizarán comentarios e preguntas sobre o traballo presentado (aprox. 10 minutos).

– Resposta do estudante á intervención do titor (arpox. 5 minutos).

DESGLOSE DOS PORCENTAXES DA CUALIFICACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE MÁSTER

Parte A. Valoración do TFM redactado (70%)
Parte B. Presentación e defensa (30%)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000