Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a comunicación internacional
 Materias
  Terminoloxía en tradución
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral A sesión maxistral avaliarase por test ou por asistencia presencial ou mixta. Durante o curso as docentes irán comprobando a adquisición de coñecementos a través da fórmula dialóxica.
Se a situación o require afianzarán os coñecementos e comprobarán as competencias adquiridas a través de formularios tipo test
PARA O ALUMNADO NON ASISTENTE O TEST SERÁ OBRIGATORIO (20 %)
20 A2
A3
A4
B4
B7
B8
C1
C6
D1
D2
D5
D9
Resolución de problemas Durante o curso proporanse distintos exercicios de identificación de termos, análise de variación terminolóxica, terminoloxía metafórica, etc.
Para amosar que se adquiren esas competencias o alumnado debe elaborar un corpus de extracción terminolóxica como apoio ao traballo tutelado
20 A2
A3
B1
B7
B8
C1
C2
D1
D4
D6
D9
Traballo tutelado Cada estudante deberá presentar un traballo de investigación en que amose a adquisición de competencias. Trátase dun traballo individual, dirixido en aula e con apoio a través de Moovi e de ser o caso do Campus Remoto da Universidade de Vigo.

40 A2
A3
A5
B1
B4
B7
B8
C1
C2
D1
D2
D6
D9
Presentación Valorarase a claridade e precisión da presentación do traballo. Tamén será obxecto de atención a corrección e adecuación formal na exposición de contidos especializados 10 A1
A2
A3
A5
B6
B7
B8
C1
C2
C6
C9
D1
D4
D5
D6
D9
Exame de preguntas obxectivas As lecturas obrigatorias de cada sesión serán avaliadas oralmente
De modo alternativo e se fose necesario as docentes resérvanse a posibilidade de valorar os contidos teóricos a través de proba obxectiva, que computará o 10 %
10 A2
A3
A4
B4
B7
B8
C1
C6
D1
D2
D5
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi ou do Campus Remoto e estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas etc.Este curso está formulado para alumnado asistente ás aulas na súa modalidade presencial ou mixta. 


avaliación continua implica a asistencia regular a clase (presencial ou mixta) ou no seu defecto a titorías, a entrega dos traballos e exercicios que se requiran en proporción non inferior ao 80 %. A avaliación realizarase con base no traballo de aula e nos exercicios (20 %), a avaliación das lecturas obrigatorias (10 %) e mais na entrega e defensa dun traballo de investigación orixinal individual, elaborado segundo as indicacións das docentes. A avaliación do traballo realízase en dúas partes: constitución de corpus (20%) e traballo escrito (40 %). O traballo deberá ser defendido oralmente de xeito presencial ou, no seu defecto, a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo (10 %). A defensa do traballo realizarase fóra do período de docencia.
Avaliación única: O alumnado que opte pola avaliación única será avaliado con base nun test sobre contidos de teoría (20 %) e un traballo de investigación individual orixinal elaborado segundo as indicacións das docentes. Este traballo será entregado por escrito (70 %) e será obxecto de defensa oral (10 %). A defensa do traballo realizarase fóra do período de docencia.

En segundas e posteriores convocatorias: o alumnado de avaliación continua presentará por escrito un traballo de investigación orixinal e individual elaborado con base na corrección e avaliación da primeira convocatoria. Pola súa banda, o alumnado de avaliación única deberá realizar un test (20 %) e presentar por escrito un traballo de investigación orixinal e individual (80 %) elaborado segundo as indicacións e titorización das docentes. Na avaliación do traballo teranse en conta o corpus documental compilado (20 %), a explotación das lecturas obrigatorias  así como outras lecturas que amplifiquen os contidos (20 %) e o propio traballo escrito (40 %).

Para superar a materia cómpre que se superen cada unha das partes que se avalían (mínimo 5/10 en cada proba). En todo caso, as docentes resérvanse o dereito a realizar unha proba teórica para comprobar que se adquiriron os coñecementos teóricos da materia. Será obxecto de sanción (0 puntos) o plaxio total ou parcial en calquera dos traballos ou test que se presenten a avaliación.

As metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán as mesmas tanto na modalidade mixta como na presencial. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000