Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a comunicación internacional
 Materias
  Tradución especializada xurídico-administrativa Alemán-Galego-Alemán / Alemán-Español-Alemán
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Eventos científicos Prevese a asistencia a eventos formativos, segundo a programación das actividades da facultade.
Resolución de problemas Discutiranse e realizaranse exercicios de tradución entre as linguas deu-glg-deu e deu-esp-deu, así como e exercicios de resolución de problemas ou dificultades de tradución nestes binomios. Esta parte terase en conta na avaliación.
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado elaborará de maneira autónoma traducións de texto do ámbito xurídico e administrativo nas combinacións lingüísticas da materia.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre os conhecementos previos do alumnado, así como a presentar a materia.
Estudo de casos O alumnado elaborará de maneira autónoma a revisión dunha ou máis traducións e exporá a súa análise.
Aprendizaxe baseado en proxectos O alumnado participará nun proxecto de tradución dirixido pola docente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000