Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a comunicación internacional
 Materias
  Estratexias de tradución exportación/importación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Correcta aplicación de conceptos e metodoloxías nos casos prácticos propostos para traballar. 25
Debate Saber construír un discurso científico razoado e coherente con respecto aos temas propostos, empregando para iso os conceptos revisados e aplicados nas prácticas de campo. 25
Eventos científicos Análise razoada e pormenorizada co fin de demostrar a adquisición de todos e cada un dos obxectivos expostos neste curso. 25
Foros de discusión Saber construír un discurso razoado e coherente con respecto aos temas propostos nos distintos artigos. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1º Convocatoria:
1) Elaboración dun traballo que consiste nun proxecto dunha empresa con actividade exportadora, no que se empreguen todos os conceptos estudados no curso, incluíndo descrición da empresa e os seus produtos e mercados obxectivo, con realización de análises DAFO e presentación de carácter comercial en Power Point ou similar na que se inclúan todos os aspectos de carácter comercial, financeiro e loxístico: 40% 
2) Realización dunha proposta de contrato de compravenda completo baseado no proxecto empresarial desenvolvido: 20% 
3) Levar a cabo unha simulación de negociación baseada no suposto de empresa desenvolvida e nuns parámetros previamente establecidos polo formador: 40% 

2ª Convocatoria

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000