Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a comunicación internacional
 Materias
  EconomIa aplicada á tradución
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Debate Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral. 20 A3
A4
A5
B3
B8
B9
D2
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B4
B8
B9
D1
D5
D7
Traballo O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Levarase a cabo de forma escrita e, preferentemente, en grupo.
40 A2
A5
B2
B4
B5
B7
B8
B9
C1
C2
C5
C6
C7
C8
C9
D2
D4
D6
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira oportunidade: o conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua na primeira oportunidade. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada proba para poder compensala e superar a materia.

O debate terá lugar durante a última sesión presencial, mentres que as outras dúas probas de avaliación celebraranse durante as semanas posteriores á finalización das sesións presenciais: o exame farase a través da plataforma Moovi, mentras que o traballo subirase a mesma plataforma. En atención á conciliación dos estudos coa vida laboral e familiar, ao estudante que non poda asistir á sesión na que se faga o debate daráselle a oportunidade de facer unha tarea alternativa relacionada co mesmo, que subirá no prazo establecido á plataforma Moovi.

O estudantado ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria.

Os estudantes que non sigan o procedemento de avaliación continua deberán realizar un exame, que supoñerá o 100% da cualificación (avaliación global). Mediante este exame avaliaranse todas as competencias da materia.

Segunda oportunidade (e convocatoria extraordinaria): os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade teñen dúas opcións:

- Realizar un exame na data establecida pola Coordinación do Máster (mes de xullo), que suporá o 100% da cualificación. Mediante este exame avaliaranse todas as
competencias da materia.

- Conservar a nota obtida no Debate (20%) e no Traballo (40%), sempre que sexan superiores a 3.5 (sobre 10) e realizar, unicamente, o Exame de preguntas obxectivas (40%), a través da plataforma Moovi, na data establecida pola Coordinación do Máster (mes de xullo). É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) nesta proba para poder compensala e superar a materia.

Se en calquera das dúas oportunidades non se aproba
a materia por non alcanzar o mínimo nalgunha proba, e a
puntuación total é igual ou superior a 5 (sobre 10), a cualificación en actas será 4.9 (sobre 10).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000