Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a comunicación internacional
 Materias
  Tradución e cooperación transfronteriza
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Correcta aplicación de conceptos e metodoloxías nos casos prácticos propostos para traballar. 25
Debate Saber construír un discurso científico razoado e coherente con respecto ós temas propostos, empregando para isto os conceptos revisados e aplicados nas prácticas de campo. 25
Eventos científicos Análise razoada e pormenorizada con fin de demostrar a adquisición de todos e cada un dos obxectivos presentados neste curso. 25
Foros de discusión Saber construír un discurso razoado e coherente respecto ós temas propostos nos distintos artigos. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Conformaranse grupos para realizar un caso práctico, de elaboración individual ou en grupo, consistente na concepción e deseño xeral dun proxecto europeo, no que se valorarán os seguintes aspectos:

- Capacidade de traballo en equipo

- Orixinalidade e consistencia das ideas propostas

- Adecuación da temática ao programa seleccionado

- Coherencia da asociación e o orzamento cos requisitos da acción

- Calidade das actividades e produtos a desenvolver

- Relevancia e impacto previstos

Precísase unha asistencia mínima ao 75% das sesións impartidas da materia para poder optar a ser avaliado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000