Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a comunicación internacional
 Materias
  Tradución de servizos culturais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valorarase a reflexión escrita e oral do alumnado sobre os contidos impartidos na sesión maxistral, así como sobre as lecturas obrigatorias relacionadas coa materia. 30
Estudo de casos A avaliación terá en conta a capacidade de progresión do alumnado nas tarefas presentadas na parte práctica. 30
Traballo Todo o alumnado deberá presentar un traballo final sobre algún dos aspectos tratados nas clases teóricas ou prácticas.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar o profesorado por escrito a súa elección de acollerse ou non á avaliación continua. 

O alumnado que non se acolla ó réxime da avaliación continua dispón da convocatoria de maio e a de xullo para presentar un traballo cuxa temática comunicará  dous meses antes da súa entrega.

O alumnado que non xunte as condicións esixidas para seguir en réxime de avaliación continua (non asistir ó 80% das sesións, non entregar as tarefas nos prazos sinalados, non realizar as probas en aula ou non realizar a exposición do traballo) deberá entregar un traballo final a principios de xuño cuxa temática comunicará á docente dous meses antes da súa entrega .

As datas das clases presenciais da materia Tradución para os servizos culturais adoitan ser en marzo en sesión de 16.00 a 20.00. (Cf. pax. web http://paratraduccion.com/limiares/).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000