Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Terminoloxía en Tradución
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral A sesión maxistral avaliarase por test ou por asistencia presencial ou mixta. Durante o curso as docentes irán comprobando a adquisición de coñecementos a través da fórmula dialóxica.
Se a situación o require afianzarán os coñecementos e comprobarán as competencias adquiridas a través de formularios tipo test
PARA O ALUMNADO NON ASISTENTE O TEST SERÁ OBRIGATORIO (20%)
20 CG6
CG8
CE1
CE3
CT1
CT3
CT4
Traballo tutelado Cada estudante deberá presentar un traballo de investigación en que amose a adquisición de competencias. Trátase dun traballo individual, dirixido en aula e con apoio a través de Moovi e de ser o caso do Campus Remoto da Universidade de Vigo
70 CG4
CG6
CG8
CE1
CE2
CE3
CE9
CT1
CT3
Presentación Valorarase a claridade e precisión da presentación do traballo. Tamén será obxecto de atención a corrección e adecuación formal na exposición de contidos especializados 10 CE1
CT1
Exame de preguntas obxectivas De modo alternativo e se fose necesario as docentes resérvanse a posibilidade de valorar os contidos teóricos a través de proba obxectiva. que computará o 20% 0 CB6
CG4
CE2
CT1
CT4
CT6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi ou do Campus Remoto e estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas etc.Este curso está formulado para alumnado asistente ás aulas na súa modalidade presencial ou mixta. 


avaliación continua implica a asistencia regular a clase (presencial ou mixta) ou no seu defecto a titorías, a entrega dos traballos e exercicios que se requiran en proporción non inferior ao 80%. A avaliación realizarase con base no traballo de aula e nos exercicios (20%) e mais na entrega e defensa dun traballo de investigación orixinal individual (80%) elaborado segundo as indicacións das docentes. O traballo deberá presentarse por escrito e ten que ser defendido oralmente de xeito presencial ou, no seu defecto, por SKYPE (70%+10%) ou a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. A defensa do traballo realizarase fóra do período de docencia.
Avaliación única: O alumnado que opte pola avaliación única será avaliado con base nun test sobre contidos de teoría (20%) e un traballo de investigación individual orixinal elaborado segundo as indicacións das docentes. Este traballo será entregado por escrito (70%) e será obxecto de defensa oral (10%). A defensa do traballo realizarase fóra do período de docencia.

En segundas e posteriores convocatorias: o alumnado de avaliación continua presentará por escrito un traballo de investigación orixinal e individual elaborado con base na corrección e avaliación da primeira convocatoria. Pola súa banda, o alumnado de avaliación única deberá realizar un test (20%) e presentar por escrito un traballo de investigación orixinal e individual (80%) elaborado segundo as indicacións e titorización das docentes.

Para superar a materia cómpre que se superen cada unha das partes que se avalían (mínimo 5/10 en cada proba). En todo caso, as docentes resérvanse o dereito a realizar unha proba teórica para comprobar que se adquiriron os coñecementos teóricos da materia. Será obxecto de sanción (0 puntos) o plaxio total ou parcial en calquera dos traballos ou test que se presenten a avaliación.

En caso de emerxencia sanitaria ou restricións da asistencia activarase a modalidade mixta, de xeito que unha parte do estudantado permanecerá na aula ao tempo que a outra parte seguirá a clase a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo dun modo síncrono. O establecemento de quendas de asistencia é tarefa da dirección do centro (Decanato). Esta mesma fórmula síncrona será a escollida en caso de que non sexa posible ningún tipo de presencialidade.

As metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán as mesmas tanto na modalidade mixta como na presencial, mentres que os grupos e as quendas de asistencia se adaptarán para cumprir coa normativa sanitaria vixente no período de docencia deste curso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000