Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Metodoloxía da Investigación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2019_20
Materia Metodoloxía da Investigación Código V01M128V01102
Titulacion
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OB 1 1c
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Álvarez Lugrís, Alberto
Correo-e alugris@uvigo.es
Profesorado
Álvarez Lugrís, Alberto
Web http://http://paratraduccion.com/limiares/metodoloxia/
Descrición xeral Esta materia centrarase nunha das metodoloxías empíricas de estudo da tradución e da interpretación que máis se está a desenvolver na actualidade: o uso de corpus textuais de traducións e orixinais para rastrexar, identificar, describir e clasificar distintos fenómenos de tradución.

Malia centrarse a exposición en análises de tradución escrita, e concretamente en cuestións relacionadas coa Estilística Comparada, a metodoloxía é aplicable ó estudo doutro tipo de fenómenos, tanto de tradución como de interpretación.

Tódolos alumnos contarán, como non pode ser doutro xeito, co meu asesoramento constante, tanto durante a docencia presencial como durante o período de traballo autónomo, xa sexa por medio do correo electrónico ou persoalmente no meu despacho C35 da Facultade de Filoloxía e tradución. As mañás dos luns e mércores de 11.00 a 13.00 estarei á vosa disposición, pero podedes contactar comigo tamén en calquera outro momento. No enderezo alugris@uvigo.es ou no despacho estou á vosa disposición para todo o que precisedes. Podédesme atopar tamén en skype, twitter ou FaceBook como alugris e en Google Talk como alugris@gmail.com.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000