Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Prácticas Externas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS
As prácticas, curriculares ou extracurriculares, que se estean desenvolvendo ou poidan desenvolverse por medios non presenciais poderán seguir realizándose por estes medios sempre que o programa formativo do alumnado así o permita.

As prácticas presenciais, curriculares e extracurriculares, manteranse suspendidas ata que se poidan realizar en condicións sanitarias de normalidade e as institucións colaboradoras estean en disposición de acoller o alumnado. No momento en que se recupere a situación de normalidade poderá retomarse a realización das prácticas, sempre que así se acorde entre a entidade, o estudantado afectado e a coordinación das prácticas externas no centro.

As prácticas presenciais consideraranse realizadas, e elaborarase a memoria e emitiranse os informes correspondentes para avaliar, sempre que se acadasen os obxectivos formativos básicos destas. Para estes efectos, entenderanse cumpridos estes obxectivos cando as prácticas se realizasen, cando menos, nun 50 % da súa duración. Os créditos restantes completaranse, de ser necesario, con seminarios ou outras actividades.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000