Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Aspectos Socioculturais e Lingüísticos no Ensino de Segundas Linguas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Seminario Cada estudante elaborará ao menos cinco informes onde incluirá as súas notas de aula, con descricións e reflexións persoais sobre as aprendizaxes realizadas nas sesións presenciais. O profesor tamén pode pedir informes sobre unha lectura específica. En calquera caso, deberán ser entregados na plataforma de aprendizaxe nas datas acordadas coa clase. Os informes serán avaliados polo profesor a partir dunha grade de avaliación que será presentada no inicio do curso. 75
Presentación Por grupos, o alumnado presentará oralmente unha reseña dun artigo científico relacionado cos contidos da materia. O artigo será acordado co profesor, que avaliará a presentación a partir unha grade de avaliación que será presentada no inicio do curso. Sexa como for, as reseñas deberán ser entregadas na plataforma de aprendizaxe nas datas acordadas coa clase. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ausencia xustificada en primeira convocatoria

O alumnado que non puider asistir ás aulas presenciais por motivos xustificados (dispensa académica oficial, enfermidade etc.) poderá realizar un traballo sobre un tema acordado co profesor, quen o avaliará a partir dunha grade dispoñíbel na páxina web da materia. Os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio. De producirse esta circunstancia, poderán activarse as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario.

Segunda convocatoria

O alumnado que non se presentar ou non superar a avaliación na primeira convocatoria poderá presentarse a unha segunda convocatoria. Para iso deberá realizar un exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia. O exame realizarase na data oficial fixada no calendario do mestrado. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grade estabelecida polo profesor. O exame contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deberá resolver. En segunda convocatoria non se terá en conta o traballo realizado na primeira convocatoria. O sistema de avaliación en segunda convocatoria será aplicado na convocatoria de decembro.

Alumnado con necesidades educativas especiais (NNEE)

O alumnado que presentar necesidades educativas especiais por dificultades específicas de aprendizaxe poderá ser obxecto dunha adaptación do sistema de avaliación. Esta adaptación, acordada entre o profesor e o alumnado implicado, buscará garantir o recurso a todos os medios necesarios para que o alumnado con NNEE poida demostrar a consecución dos obxectivos da materia.

Linguas de traballo

As linguas de traballo da materia serán o galego/portugués, o castelán e o inglés. En principio, o profesor presentará o contido da materia en galego/portugués, aínda que o pode facer en castelán se unha parte significativa do alumnado así o solicitar. O alunado pódese dirixir ao profesor en calquera unha das linguas de traballo ou en calquera outra lingua que o profesor puider compreender. Na sala de aula, será preferente o uso do galego/portugués e o castelán.

Fica prohibida a utilización do tradutor automático en calquera actividade de aprendizaxe ou na comunicación co profesor. O uso repetido da tradución automática nun informe ou reseña poderá supor a suspensión da súa avaliación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000