Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
B4 Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario alcanzar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
B5 Habilidad para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
B8 Autonomía progresiva na aprendizaxe, procuras propias de recursos e información, accedendo para iso a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses.
B9 Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses.
B10 Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos adecuados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.
C1 Capacidade para utilizar unha terminoloxía lingüística rigorosa así como unha notación adecuada.
C2 Coñecemento dos principais modelos de investigación lingüística.
C3 Coñecemento dos principais recursos e ferramentas de investigación lingüística.
C11 Capacidade de aplicar métodos de investigación cuantitativa e cualitativa, de executar varios procedementos de recolleita e análise de datos e de utilizar software específico para a investigación en lingüística inglesa.
C15 Coñecemento dos principios modelos de investigación literaria/cultural no ámbito anglófono.
C16 Coñecemento dos principais recursos de investigación literario/cultural no ámbito anglófono.
C17 Capacidade de utilizar as técnicas empregadas para a análise de textos artísticos e culturais no ámbito anglófono.
C18 Capacidade de elaborar ensaios críticos sobre textos literarios e documentos culturais relacionados co ámbito anglófono.
C19 Capacidade de traballar de forma autónoma con textos literarios de diferentes tradicións dentro do ámbito anglófono, aplicando diversas metodoloxías teóricas e críticas.
C22 Capacidade para comprender diferentes achegas teóricas e críticas así como a súa aplicación á análise de textos literarios e culturais no ámbito anglófono.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000