Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Xéneros e Modos Literarios en Lingua Inglesa
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas, pero se adaptan a un contexto non presencial, usando as ferramentas que fornece a U. Vigo, como Moovi e Campus remoto. Abriranse foros para cada tema.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Ver arriba.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
A través de Campus remoto e foros en Moovi.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Ningunha.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non é preciso engadir ningunha á presente na guía e na que se achega ao alumnado para cada tema a través de Moovi.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

Manteranse as actividades e porcentaxes de avaliación, pero adaptándose a un contexto de non presencialidade como se indicou anteriormente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000