Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Estudos Ingleses e Medios de Comunicación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Debate Tests/exercicios sobre os temas dados durante o curso.
25 A2
B2
B5
B8
C3
D2
D14
Seminario Traballo escrito sobre un tema do curso.
25 A2
A4
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B9
C3
C13
D2
D3
D5
D7
D8
D14
D19
Actividades introdutorias Participación activa en clase e en liña. 25 B2
B3
B5
B8
D3
D7
D11
D14
Presentación Presentación oral do traballo escrito. 25 A4
B3
B4
B5
B7
B10
C3
C13
D3
D5
D8
D14
D20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación na primeira edición de actas (decembro/xaneiro)

- A avaliación será continua e basada nos catro parámetros arriba indicados e súas correspondentes porcentaxes da
cualificación final.

-É requisito indispensable para aprobar a asignatura asistir a tódalas sesións presenciais e obter alomenos un 5 (sobre 10)
nas distintas actividades avaliadas. De xeito excepcional admitirase unha cualificación lixeiramente inferior a 5/10 nunha das actividades entregadas (coa excepción do traballo e a súa presentación oral) sempre que as demáis cualificacións obtidas sexan o suficientemente altas para compensar a devandita actividade.

-
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do
contido das respostas senón tamén a corrección lingüística.

- A copia ou plaxio total ou parcial no traballo ou calquera outra actividade suporá un suspenso na materia. Alegar
descoñecimento do que supón un plaxio non eximirá á alumna/o da responsabilidade neste aspecto.

Avaliación para o alumnado con dispensa de asistencia

- A/O alumna/o que non poida asistir ás sesións presenciais e realizar as actividades do curso coa regularidade necesaria por
causa xustificada será avaliada/o en base á realización autónoma dun
traballo escrito sobre un tema do curso coa correspondente
presentación oral en clase no día e hora acordados entre a profesora e a/o alumna/o. Este traballo computará coma o 100% da cualificación (50% a parte escrita e 50% a presentación oral).

-
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do
contido senón tamén a corrección lingüística.

- A copia ou plaxio total ou parcial no traballo suporá un suspenso na materia. Alegar descoñecimento do que supón un plaxio non eximirá á alumna/o da responsabilidade neste aspecto.

Avaliación na segunda edición de actas (xuño/xullo)

- A/O alumna/o de avaliación continua que non supere a materia na
primeira edición de actas por non ter superada algunha parte da
avaliación continua terá a oportunidade de refacer e presentar o traballo(incluíndo a súa presentación oral) e/ou actividades segundo as instrucións que reciba ao respecto
pola profesora para unha nova avaliación na segunda convocatoria
en xuño/xullo. O traballo ou actividades computarán cada unha sobre 10,
manténdose a(s) porcentaxe(s) das partes aprobadas na
primeira edición de actas.

-
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do
contido senón tamén a corrección lingüística.

- A copia ou plaxio
total ou parcial no traballo suporá un suspenso na materia. Alegar
descoñecimento do que supón un plaxio non eximirá á alumna/o da
responsabilidade neste aspecto.

Avaliación para o alumnado con dispensa de asistencia

- O alumnado con dispensa de asistencia que non supere a materia na
primeira edición de actas terá a oportunidade de refacer o traballo
escrito ou presentalo oralmente segundo as instrucións que reciba ao respecto da profesora para unha nova avaliación na segunda
convocatoria en xuño/xullo.

-
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do
contido senón tamén a corrección lingüística.

- A copia ou plaxio
total ou parcial no traballo suporá un suspenso na materia. Alegar
descoñecimento do que supón un plaxio non eximirá á alumna/o da
responsabilidade neste aspecto.

Advertencia a todo o alumnado

Turnitin é unha ferramenta ao
servizo do equipo docente para detectar seccións de texto plaxiadas doutras
fontes. O seu uso é opcional, pero o alumnado debe saber que a devandita ferramenta
detecta traballos presentados previamente tanto nesta coma en cualquera outra
universidade, incluíndo traballos da/o mesma/o estudante. Advírtese ao
alumnado que un caso de plaxio considerarase fraude académico e sancionarase aplicando a
normativa vixente con respecto á avaliación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000